estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 27ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

CIAC Centro de Interpretación Ambiental de Compostela

O novo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), en funcionamento dende abril de 2011, é un espazo concibido para achegar aos cidadáns e á poboación escolar o funcionamento de Santiago dende a perspectiva ambiental. O CIAC sitúase no antigo curtidoiro do parque de Belvís, que foi reformado por completo.

O local conta con dúas alturas. Ao entrar, os visitantes encontraranse cunha exposición permanente e interactiva e con pantallas táctiles en varios idiomas. E xa nas primeiras salas, a auga e a enerxía serán os temas protagonistas. No segundo piso, o centro de atención pasa a ser a cidade transformadora e xeradora de produtos e servizos e a produción e xestión de residuos.

Ademais das visitas de público en xeral que se atenderán durante o horario de apertura do centro, desenvolverase outra serie de actividades dirixidas a diversos colectivos:

**Visitas guiadas: dirixidas a grupos e adaptadas ás características dos visitantes, para as que se debe concertar cita previa
**Obradoiros: organizados desde o CIAC e dirixidos a distintos grupos específicos co fin de que de forma práctica se fomente a educación ambiental.
**Xornadas técnicas: seminarios de formación dirixidos a grupos de profesionais do mundo educativo e do medio ambiente.
**Xornadas de divulgación: actividades abertas ao público xeral de animación e de lecer desde perspectivas ambientais.

Mais información

Lugar
Parque de Belvís
Localización
Rúa das Trompas, Santiago de Compostela, 15703
Teléfono
981 543 145
Horario

Domingo e Luns: Pechado
Martes: 16.00-18.30 h.
Mércores a sábado: 9.30-13.30 h.

E-mail
ciac@santiagodecompostela.org
Web
www.ciac-compostela.org


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.