estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 26ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Sala de prensa

Turismo de Santiago proporciona material fotográfico da cidade, para o cal é preciso rexistrarse na sala de prensa desta páxina web. O uso das imaxes é gratuito, pero é obrigatorio citar a "Turismo de Santiago" nas fotografías e, sempre que sexa posible, facer chegar un exemplar da publicación ou un enlace á publicación en Internet.

Turismo de Santiago presta apoio a aqueles xornalistas que queran elaborar unha información sobre a cidade dende o punto de vista turístico. O apoio concrétase na proporción de información acerca de Santiago, xestión de entrevistas, xestións para visitas a monumentos ou espazos da cidade, deseño de posibles rutas destacando os aspectos máis significativos do destino, etc.

Turismo de Santiago non asume o custo dos desprazamentos dos xornalistas á cidade nin da estadía.

Departamento de prensa:
comunicacion@santiagoturismo.com
Teléfono: (34) 981 54 23 05
Rua do Vilar, 63, Código Postal 15703. Santiago de Compostela.

Turismo de Santiago proporciona material fotográfico da cidade en...

No seguinte documento resúmense os puntos máis destacados de...

Santiago é obxecto da continua atención de xornalistas de...