estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 26ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Ambientes nocturnos

O tamaño de Santiago condiciona que a especialización dos locais por ambientes sexa aquí moito máis relativa que nas grandes metrópoles, e que no mesmo local coincidan públicos distintos, que fan a noite máis heteroxénea e rica. A isto hai que sumarlle a versatilidade dalgúns, que comezan a noite como locais de copas, ou como escenarios de cultura e música, e a acaban como zonas de baile.

Aínda así, hai locais específicos de ritmos latinos; outros para xente madura que busca copas e baile máis tranquilos; locais que entenden e moitísimos ‘gay friendly’; pubs de deseño cosmopolita; outros alternativos; entre os que destacan os de ambiente folk, moi implicados coa cultura galega; discotecas, e moitísimos espazos de baile... E ademais están os clásicos composteláns: bares, pubs e cafeterías que levan abertos toda a vida e que todos coñecen.

Selección Trevisani, S.L.

Clásicos composteláns:
O Galo D´Ouro, Borriquita de Belém, Casa das Crechas, Atlántico, Modus Vivendi, Pepa a Loba, Momo... a rúa, Paraíso Perdido, Dado Dadá Jazz Club.

Ritmos latinos:
Conga 8, Guayaba.

A partir de 30 e tantos anos:
Don Juan, Rahid, El Corzo, Makumba.

Gay Friendly:
Abastos, Forum, HS, BIT, Bolengo, Tupper Bare.

Discotecas e zonas de baile:
Capitol, Quintana Sur, Century, Ruta, Liberty, Apolo, Meia, Retablo, Dúplex, Catedral, Gabana, La Radio.

Pubs alternativos:
Tarasca, Avante, A Reixa, BarTolo, Insomnia, Matadero, A Medusa, Camalea, Fraggle Rock.

Pubs nos que fan queimadas por encargo:
Fonte Sequelo, Retablo.

+ info: 
Existen diversas publicacións gratuítas que teñen información detallada da oferta nocturna de ocio e cultura en Santiago de Compostela. Podes atopalas nos hoteis e aloxamentos turísticos, bares, cafeterías, pubs, espazos culturais, establecementos comerciais, facultades universitarias e oficinas de turismo.

(enlace a PUBS)

Canto che gustou esta entrada?
  • 4,33333333333
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.