Santiago de Compostela vén sendo, por tradición, un punto de chegada. Á cidade conducen as moitas rutas que, baixo o nome de Camiño de Santiago, seguen os peregrinos dende fai milleiros de anos para chegar á tumba do Apóstolo, pero tamén as modernas vías que traen aos visitantes por terra e por aire. Situado no centro do territorio galego, Santiago de Compostela, como punto de partida, ofrece a posibilidade de achegarse en moi pouco tempo a outros lugares de interese da variada e fascinante xeografía de Galicia.
É o caso de cidades como A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra ou Vigo, pero tamén de paraxes fermosas e accesibles: montes centenarios, verdes paisaxes de montaña, ríos, aldeas con encanto salpicadas de hórreos e cruceiros, pazos rurais e xardíns históricos, fortalezas, milleiros de igrexas, conventos e mosteiros, típicas vilas mariñeiras e acrópoles medievais, poboados prehistóricos e monumentos megalíticos. E, como non, a extensión de costa máis importante de España, composta polas famosas rías, as Baixas e as Altas, onde as montañas se converten en mar, e pola abrupta e mítica Costa da Morte.
E están tamén a excelente gastronomía e os recoñecidos viños de Galicia, baseados nos produtos naturais de grande calidade cós que nos agasalla a fértil terra galega.
A singularidade do seu fascinante patrimonio intanxible, das súas supersticións e crenzas, que falan do carácter ancestral e místico da Galicia tradicional, completan o repertorio de atractivos deste país máxico.
Para darche a coñecer o infinito e interesantísimo patrimonio...
A só uns minutos da cidade hai refrescantes praias fluviais con...