De gran repercusión na vida sociocultural da cidade. Dinamiza dous espazos culturais propios: a aula de cultura e a sede da Fundación Caixa Galicia, situada nunha das rúas máis sobranceiras do casco histórico compostelán. Ademais de ser un dos principais colaboradores dos grandes eventos da cidade, as súas actividades destacan pola organización de exposicións de nivel internacional -Frida Kahlo, Chillida ou as obras do museo Thyssen-Bornemisza, etc.-, ciclo de cine e conferencias, entre outros.