estado do tempo
Today is wednesday 20 august, it is 22ºC and partly cloudy in Santiago

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

Santiago(é)tapas repartirá lotes de premios entre o público que visita os 72 establecementos participantes

06/11/2012

O concurso Santiago(é)Tapas 2012 outorga unha gran importancia ao público que visita os 72 establecementos que participan no concurso. Os clientes, coas súas puntuacións, amosan a súa opinión sobre a calidade dos petiscos e dos locais e, deste xeito, determinan a mellor tapa para o público e o local máis excelente. 

Entre todos os que marcan a súa opinión e deixan os seus datos nos votos con forma de pousavaso sortearanse 3 lotes con produtos enogastronómicos, estancias en hoteis e comidas en restaurantes adheridos. O sorteo celebrarase tralo reconto.

Un posto situado na Praza de Galicia é o lugar onde se entregan os premios directos aos etapeantes que completan os diferentes vieiros. Funciona todos os días en horario de mañá de 12:00 a 14:00 e de serán de 17:00 a 21:00. 

Santiago(é)Tapas celébrase ata o vindeiro domingo 11. Cinco rutas por locais da cidade distribúen aos participantes que ofrecen un total de 117 creacións a un prezo de 2 euros.

Tamén ata o domingo, 33 establecementos de hospedaxe da cidade de 5, 4, 3, 2 e 1 estrelas ofertan un incentivo que ofrece dous días de estancia en habitación dobre, almorzo, visita guiada á zona monumental, viaxe en tren turístico, un paraugas promocional, entrada á exposición “Gallaecia Petrea” na Cidade da Cultura e vales para a degustación de tapas no concurso.

E, xa pola noite, chega a oportunidade de probar o Santiago(é)Noite. 17 locais da hostalería nocturna toman parte desta actividade, mantendo os seus horarios habituais. Os cócteles de Santiago(é)Noite teñen un prezo de 3,50 euros para quen presente o seu tapasporte.

O certame conta con moita actividade nas redes sociais (@santiagoetapas e facebook/santiagoetapas) e no portal web www.santiagoetapas.com.

O Santiago(é)Tapas 2012 está organizado por Hostelería Compostela e conta co patrocinio de Cash Récord, división de autoservicios maioristas de Vegalsa-Eroski; e Estrella Galicia. Turismo de Santiago e a Deputación da Coruña son colaboradores institucionais.

Os produtos  recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés  e Aceites Abril. O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Gadis, Paradores, Pousadas de Compostela, Utimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.

Ademais, 28 empresas colaboran con produto enogastronómico, ceas degustación para 2 persoas e aloxamentos en réxime almorzo.

Os participantes

Os 72 establecementos participantes forman un total de 5 é(tapas):

Praza do Obradoiro: Mercedes Morigosa, AC Palacio del Carmen, Acio, Enxebre-Hostal dos Reis Católicos, Ángel, O Celme do Caracol, A Casa do Medio, Los Caracoles, Central, San Jaime, Rúa Villar, Cre-Cotte, Kuntshalle, A Curtidoría e Xuntanza.

Praza de Cervantes: O Piorno, Abastos 2.0, Pazo de Altamira, Casa Pepe, Tafona, Paso del Noroeste, O Curro da Parra, La Flor, Bicoca, Texturas Galegas, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Hervor & Fervor, Broa e O Elefante

Praza de Galicia: Antollos, M* Café e Copas, Venecia, Descorche, La Cantina de A Curtidoría, La Codorniz, Caney, Calderón, Pecaditos, Negreira “O Patata”, El Pasaje, Porta Faxeira, O’ 42 e O Boteco.

Praza Roxa: O Ferro, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, Manso, Castelao, J de Joker, Leal, La Cavita, A viña de Xabi, Galopín, Vivacce, Rincón de Gurpegui, Libeliña, Señor con Bigote e Tryp Santiago.

Camiño Francés: Husa Santiago Apóstol, Puerta del Camino, Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, Casa da Viña, A Grella, El Olivo, Casa Tato, A Moa, O Afiador, La Barrika, Casal do Cabildo,O Catro.

Hai cinco premios en xogo para eles. O xurado outorgará tres distincións. O Primeiro premio á mellor tapa conta con 2.000 euros; o Segundo, con 1.200 euros; e o Terceiro galardón é de 1.000 euros. Ademais, o público tamén asignará dous premios. O creador da mellor tapa para o público recibirá 800 euros; e o establecemento que acade a maior excelencia para os seus visitantes acadará 500 euros.

No Santiago(é)Noite están: Armería, Atántico, Bolengo, Casa das Crechas, D3, Deluxe, Fonte Sequelo, Garoa, Kapital, La Cava de Saint James, La Flor, Makumba, Meia, O Boneco, Retablo, Shangó e Sónar.

How much did you like this entry?
Share it on:
What do you think?
You have to register in order to comment.
Enter your username and password here.