Free cookie consent management tool by TermsFeed
SANTIAGO(é)TAPAS comezá mañá cun éxito de participación
imprimir cuaderno de viaje

SANTIAGO(é)TAPAS comezá mañá cun éxito de participación

25/10/2012

O concurso Santiago(é)Tapas 2012 comeza este venres 26 cun éxito de participación. Serán 117 tapas a degustar e 122 os locais que ofrecerán os seus servizos entre taperías, hoteis e locais de ocio nocturno.

O concurso que comeza mañá durará ata o vindeiro 11 de novembro. Os tapasportes para poder degustar as tapas pódense recoller nas oficinas de Turismo de Santiago en Praza Galicia, na Asociación Hostelería Compostela (Salvadas,29) e na sede Incolsa (Vilar,63).

Hostelería Compostela que nesta ocasión asume a organización e os custos do concurso quere agradecer especialmente a implicación dos hostaleiros composteláns, que fan un esforzo sen precedentes para contribuír ao éxito do Santiago é Tapas 2012 coa súa participación, a pesar da crise económica, dos recortes orzamentarios e do pouco tempo que
houbo para preparar esta cita co mellor da gastronomía en miniatura de Galicia, que nas
anteriores edicións organizaba Turismo de Santiago.

Coa implicación decidida do sector empresarial, o sector hostaleiro compostelán deixa clara a súa vontade de facer cidade, de contribuír á promoción de Compostela como destino de turismo gastronómico e tamén para consolidar o Santiago é Tapas coma o mellor concurso de tapas de Galicia e un dos tres máis importantes de España.

Patrocinadores

Patrocinio de Cash Récord, división de autoservicios maioristas de Vegalsa-Eroski; e Estrella Galicia.
Santiago. Turismo e a Deputación da Coruña son colaboradores institucionais. Os produtos recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés e Aceites Abril. O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Paradores, Pousadas de Compostela, Utimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.

Premios

O xurado outorgará tres distincións. O Primeiro premio á mellor tapa do Santiago(é)Tapas conta con 2.000 euros; o Segundo, con 1.200 euros; e o Terceiro galardón é de 1.000 euros. Ademais, o público tamén asignará dous premios. O creador da mellor tapa para o público recibirá 800 euros; e o establecemento que acade a maior excelencia para os seus visitantes
acadará 500 euros.

Paquetes turísticos e Santiago(é)Noite

33 establecementos de hospedaxe da cidade de 5, 4, 3, 2 e 1 estrelas ofertan entre os días 1 e 11 de novembro un paquete especial que inclúe dous días de estancia en habitación dobre, almorzo, visita guiada á zona monumental, viaxe en tren turístico, un paraugas promocional, entrada á exposición “Gallaecia Petrea” na Cidade da Cultura e vales para a degustación de tapas no concurso, todo a prezos estandarizados.

Ademais, 17 locais da hostalería nocturna compostelá tomarán parte desta actividade. Os cócteles de Santiago(é)Noite terán un prezo de 3,50 euros para quen presente o seu tapasporte.

Rutas de tapas

Praza do Obradoiro: Mercedes Morigosa, AC Palacio del Carmen, Acio, Enxebre-Hostal dos Reis
Católicos, Ángel, O Celme do Caracol, A Casa do Medio, Los Caracoles, Central, San Jaime, Rúa
Villar, Cre-Cotte, Kuntshalle, A Curtidoría e Xuntanza.

Praza de Cervantes: O Piorno, Abastos 2.0, Pazo de Altamira, Casa Pepe, Tafona, Paso del Noroeste, O Curro da Parra, La Flor, Bicoca, Texturas Galegas, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Hervor & Fervor, Broa e O Elefante.

Praza de Galicia: Antollos, M* Café e Copas, Venecia, Descorche, La Cantina de A Curtidoría, La Codorniz, Caney, Calderón, Pecaditos, Negreira “O Patata”, El Pasaje, Porta Faxeira, O’ 42 e O Boteco.

Praza Roxa: O Ferro, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, Manso, Castelao, J de Joker, Leal, La Cavita, A viña de Xabi, Galopín, Vivacce, Rincón de Gurpegui, Libeliña, Señor con Bigote e Tryp Santiago.

Camiño Francés: Husa Santiago Apóstol, Puerta del Camino, La Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, Casa da Viña, A Grella, El Olivo, Casa Tato, A Moa, O Afiador, La Barrika, Casal do Cabildo, O Catro.

Santiago(é)Tapas, para celíacos

Son 21 as creacións aptas para celíacos e estarán dispoñibles en 17 establecementos pertencentes ás
cinco rutas. O total de participantes é de 117 tapas e 72 locais. A Asociación de Celíacos de Galicia, un ano máis, colabora coa organización do Santiago(é)Tapas e avala a idoneidade destas receitas para o colectivo. O traballo desta Asociación permitiu un aumento da
sensibilidade a respecto desta doenza no sector hostaleiro, e na sociedade en xeral, nos últimos anos.

As tapas aptas para persoas celíacas estarán distinguidas como tales no tapasporte, no portal web
oficial www.santiagoetapas.com e no resto de recursos do concurso. Do mesmo xeito, tamén contarán con distintivo as creacións vexetarianas e as doces.

Ademais de www.santiagoetapas.com os portais da cita nas redes sociais ofrecen información, e no
hashtag #santiagoetapas poderanse coñecer as impresións dos clientes que publiquen en twitter.