estado do tempo
Today is sunday 21 september, it is 16ºC and partly cloudy in Santiago

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

Área Santiago avanza en su Plan de Acción 2014

31/03/2014

Os técnicos dos concellos que forman parte de Área Santiago reuníronse hoxe en Santiago, para avanzar na definición do Plan de Acción 2014-2015, que inclúe iniciativas para posicionar ao grupo como un territorio cunha oferta turística diversa e cohesionada.

Entre os ámbitos de acción do Plan de Acción encóntranse a gastronomía, a organización de paquetes turísticos e excursións, o Camiño de Santiago, a natureza como recurso turístico, a pesca, o Entroido, o turismo creativo, a presenza en Internet e en redes sociais, entre outros.

Ademais, na reunión comentáronse tamén os tempos nos que cada Pleno municipal aprobará a adhesión ao "Convenio Marco de colaboración para a xestión compartida dea promoción turística conxunta dos concellos de Área Santiago", un paso necesario para outorgar personalidade xurídica propia ao grupo. Algúns concellos xa aprobaron esta adhesión e os restantes farano en abril ou a comezos de maio, en función do seu calendario de plenos municipais.

How much did you like this entry?
Share it on:
What do you think?
You have to register in order to comment.
Enter your username and password here.