estado do tempo
Hoxe é xoves 23 de febreiro, temos 7ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

O Grupo de Cidades Patrimonio de Congresos promociónase en Barcelona

04/07/2011

O Grupo de Cidades Patrimonio de Congresos promociónase en Barcelona

A Alianza de Cidades Patrimonio da Humanidade de Congresos de España formada polas cidades de Alcalá de Henares, Ávila, Cuenca, Salamanca, Santiago de Compostela e Toledo  visitaron a profesionais do sector do turismo de reunións na cidade de Barcelona. Como representación do grupo asistiron os responsables do Cuenca Convention Bureau e Santiago de Compostela Convention Bureau.

Durante dous días visitáronse a importantes organizadores profesionais de congresos e eventos achegando a oferta duns destinos singulares cunha carga cultural potente e dunha diversidade e calidade que demanda o sector turístico de reunións.

Aproveitando a presenza en Barcelona o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de Congresos asistiu tamén á Fira de Barcelona ao evento internacional Facility Management and Business Services, encontro reservado a empresas especializadas en diferentes servicios loxísticos. Grazas á presenza do grupo neste acto mantivéronse contactos importantes con empresas nacionais e internacionais que ao longo do ano realizan diferentes reunións, congresos e eventos ofertándolles seus destinos.

Con estas primeiras actuacións do ano o grupo comeza o seu plan de promocion de cara ao 2011 que verase completado nos seguintes meses con actuacións comerciais en Madrid e a cidade italiana de Milán, entre outras actuacións.

Na imaxe o Pazo de Congresos de Galicia

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.