estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 23ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela
  • galego
  • español
  • english
  • português
  • français
  • deutsch
  • italiano

Turismo de Santiago participa no Comité Executivo do Spain Convention Bureau

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, participará mañá na sede da Federación Española de Municipios e Provincias no Comité Executivo da Spain Convention Bureau (SCB), unha entidade composta na actualidade por 49 destinos de congresos de todo o Estado e que ten como obxetivos principais promover o intercambio de experiencias e información e realizar accións encamiñadas á promoción conxunta tanto doméstica como internacional das cidades que a compoñen.

No Comité executivo, no que Santiago ocupa un posto de voceiro, tratarase o plan de actuacións previsto de colaboración entre a SCB e Turespaña, que permitirá a asitencia a feiras deste ámbito, organización de Famtrips (viaxes de axentes do sector), elaboración de guías e folletos nos que se recolle a oferta conxunta que os membros da SCB poñen a disposición das entidades interesadas en organizar un congreso en España. Con Turespaña tamén se colaborará na cesión de vídeos e imaxes para a canle que a sociedade estatal de promoción ten na súa web www.spain.info. Ademáis, traballarase sobre a colaboración da SCB con Fitur Congresos, que é o evento do sector máis importante que se celebra na Península Ibérica.

A SCB desenvolveu un amplo programa de actividade ao longo do 2010, como a asistencia a feiras, organización de xornadas directas de promoción e workshops ou xornadas de traballo. En concreto, a SCB asitiu a Fitur Congresos en Madrid, Meedex en París, Imex en Frankfurt, e na vindeira semana estará na EITBM de Barcelona, que terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro. Tamén organizou xornadas directas de promoción en mercados como o belga (Bruselas), o portugués (Lisboa) e o alemán (Frankfurt).

Imaxe da Asamblea Xeral da Spain Convention Bureau, que tivo lugar en Zaragoza en xuño de 2010.

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.