estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 21ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela
  • galego
  • español
  • english
  • português
  • français
  • deutsch
  • italiano

Santiago promociona a súa oferta para turismo de congresos e reunións en Lisboa

O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino para a celebración de Congresos, Reunións e Incentivos, presentará mañá a cidade en Lisboa, continuando coa súa tarefa de posicionamento da cidade como un destino atrativo, de calidade e internacional para as empresas e entidade organizadoras de Congresos.

 

O SCCB, grazas a colaboración do Spain Convention Bureau e da Oficina Española de Turismo en Portugal, fará unha presentación da cidade a uns 70 representantes de axencias especializadas neste sector do mercado portugués. Entre estes asistentes sortearase unha estadía dunha fin de semana para dúas persoas no Hotel AC Palacio del Carmen.

Etiquetas: Convention Bureau
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.