estado do tempo
Today is thursday 25 december, it is 8ºC and slightly cloudy in Santiago

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

Éxito total da V edición do Santiago(é)tapas con case 33.000 petiscos

Éxito total da V edición do Santiago(é)tapas con case 33.000 petiscos

O concurso Santiago(é)Tapas case acada a cifra de 33.000 petiscos vendidos na súa V edición, que se celebrou do 26 de outubro ao 11 de novembro, sendo unha cifra nunca acadada na celebración deste evento gastronómico.

Os organizadores e participantes están moi satisfeitos co seu desenvolvemento, que dinamizou o sector na capital de Galicia e fixo de Compostela a capital da mellor cociña en miniatura. Composteláns, turistas e visitantes puideron gozar de 117 creacións a un prezo de 2 euros en 72 establecementos participantes.

Os gañadores e finalistas deste concurso coñeceranse na Festa do Socio e de Santa Marta da Asociación da Asociación Hostelería Compostela, que se celebrará o mércores 28 de novembro na Capela do Hostal dos Reis Católicos.

O xurado designará tres premios: o primeiro premio á mellor tapa conta con 2.000 euros; o segundo, con 1.200 euros; e o terceiro galardón é de 1.000 euros. Ademais, o público tamén asignará dous premios. O creador da mellor tapa para o público recibirá 800 euros; e o establecemento que acadou a maior excelencia e grao de satisfacción do público acadará 500 euros.

Os clientes, ao deixaren os seus datos nos votos con forma de pousavaso, entran nun sorteo de tres lotes con produtos enogastronómicos, estancias en hoteis e comidas en restaurantes adheridos ao concurso.

O evento deste ano dedicou tamén unha atención especial aos celíacos, con creacións aptas para o colectivo. A Asociación de Celíacos de Galicia colaborou coa organización. Tamén houbo petiscos vexetarianos e doces.

Ademais, 33 establecementos de hospedaxe da cidade ofreceron incentivos de dous días de estancia, vales para a degustación de tapas e unha serie de reclamos promocionais.

No Santiago(é)Noite 17 locais da hostalería nocturna sumáronse para ofrecer cócteles especiais.
 
O certame contou con moita actividade nas redes sociais (@santiagoetapas e facebook/santiagoetapas) e no portal web www.santiagoetapas.com

O Santiago(é)Tapas 2012 está organizado por Hostelería Compostela e conta co patrocinio de Cash Récord, división de autoservicios maioristas de Vegalsa-Eroski; e Estrella Galicia. Turismo de Santiago e a Deputación da Coruña son colaboradores institucionais nesta edición

Os produtos  recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés  e Aceites Abril. O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Gadis, Paradores, Pousadas de Compostela, Utimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.

Ademais, 28 empresas colaboraron con produto enogastronómico, ceas degustación para dúas persoas e aloxamentos en réxime de pernoctación e almorzo.

How much did you like this entry?
Share it on: