estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 21ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O Museo das Peregrinacións, de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, creouse no ano 1951 a iniciativa de D. Manuel Chamoso Lamas. Non abriría sen embargo as súas portas, dun xeito definitivo, ata febreiro de 1996.
Ubícase no edificio coñecido como Casa Gótica, con rasgos constructivos do S.XIV, aínda que con importantes remodelacións posteriores.
A trascendencia que para a cultura europea e da América hispana tiveron a peregrinación e mailo culto a Santiago, dende as súas orixes ata hoxe, queda reflectida nunha exposición distribuida ó longo de oito salas:

Sala I.- A peregrinación: un camino ritual de peregrinación.
Sala II.- Orixes do Culto Xacobeo: A traslación do corpo de Santiago.
Sala III.- Santiago, catedral e cidade: O sepulcro do Apóstolo como xerador da urbe compostelá.
Sala IV.- Peregrinos a Santiago: Camiños e Ritos
Sala V.- Iconografía de Santiago: A imaxe de Santiago na historia / (area de descanso e antigua cociña).
Sala VI.- Gremios e tradicións artesáns en Compostela.
Sala VII.- Gravados composteláns.
Sala VIII.- A harmonía do Universo: A musicalidade do Pórtico.

Principia o percorrido mostrando a peregrinación como fenómeno relixioso común a diferentes pobos e culturas. Evócase, a continuación, a 'topografía' arquelóxica relacionada coa traslatio do corpo apostólico dende Jaffa ata Libredón.
A sala adicada á catedral compostelá, reforza a idea do seu desenvolvemento, e do nacemento da cidade en torno ó sepulcro apostólico. Ilústrase con elementos integrantes do antigo claustro, do coro pétreo, etc., así como con maquetas significativas.
Os camiños e o ritual da peregrinación, móstranse a través dunha serie de documentos e distintos elementos da indumentaria xacobea, libros de viaxe e imaxes de santos peregrinos.
O repertorio iconográfico de Santiago é moi variado e así represéntaselle como apóstolo, peregrino e matamouros. Dobresaen obras mestras, como o cadro 'Santiago Peregrino' de Juan de Juanes e varias esculturas en diversos materiais de entre os séculos XVI e XIX.
Coa evolución da cidade e como consecuencia directa e indirecta das peregrinacións, propiciouse o desenvolvemento de actividades artísticas. Acibecheiros, prateiros e gravadores, entre outros, elaboran pezas para abasteceren a demanda local e foránea.
O percorrido conclúe cunha alusión á música orixinada arredor do Camiño e do culto ó Apóstolo, destacándose a reproducción dalgúns instrumentos musicais a partir de modelos plasmados no Pórtico da Gloria da catedral compostelá.

Galería de imaxes

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Mais información

Localización
Praza de San Miguel dos Agros, 2-4, Santiago de Compostela, 15782
Teléfono
981 581 558
E-mail
direccion.mdperegrinacions@xunta.es
Fax
981 581 955
Prezo
2,40 €. Grupos e estudiantes 1,20 €. Menores 18 anos e maiores de 65 gratis.
Horario
Martes-Venres: 10:00-20:00. Sábados: 10:30 a 13:30, 17:00-20:00. Domingos: 10:30-13:30h. Luns pechado.
Tempada
Pechado: 1 Xaneiro, 06 Xanero, 1 Maio, 25 Xullo, 24-25-31 Decembro
Web
http://www.mdperegrinacions.com


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.