Inaugurada no 1997, Galería SCQ é unha empresa dedicada á arte contemporánea. A nosa actividade céntrase na exposición (entre 7 e 9 exposicións monográficas anuais) e a venda de obras de artistas nacionais e internacionais de demostrada traxectoria, así como na participación en Feiras Internacionais de Arte e o asesoramento aos coleccionistas, tanto privados como públicos. A nosa actividade inclúe a formulación dun criterio de colección en consenso co coleccionista; a selección e localización de obras axeitadas a cada colección; todo o relacionado co transporte ou traslado da obra e a súa colocación, e a catalogación, certificación e toda a documentación relacionada coas obras.
Luns-Venres: 12.00 - 14.00 h / 18.00 - 21.00 h
Sábados previa cita.