Galería inaugurada en 1978 cunha exposición monográfica sobre o Seminario de Estudios Galegos. Mantén dende entón unha actividade continua na realización de exposicións e actos culturais, como conferencias, recitais, contacontos, presentacións de libros e outras actividades de difusión da cultura galega. Artellada como unha galería de promoción de novos talentos das artes e letras galegas, amosa ademais o valor da tradición creadora de Galicia en coleccións de cerámicas de Sargadelos. Este tipo de cerámica, unha iniciativa industrial nada a principios do século XIX nas terras de Cervo (Lugo), preséntase nun amplísimo catálogo de formas, motivos, relevos e cores exclusivos, dende vaixelas ata figuras ornamentais e xoias de deseño orixinal.
Consulta tamén a sección "Espazos e programadores culturais" aquí
Luns-Sábado:10.30-13.45 / 16.30-20.30 h.