estado do tempo
Hoxe é martes 22 de maio, temos 19ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Factoría Compostela

A galería de arte Factoría Compostela abriu as súas portas co obxectivo de propoñer un novo concepto galerístico, un proxecto cultural afastado de calquera convención, un espazo de creación, experimentación e debate, aberto a Santiago desde o corazón do casco histórico compostelán, aos pés da emblemática praza da Quintana.

Participar da actividade incesante de Factoría significa presenciar o traballo de creadores hospedados na residencia de artistas deste singular espazo e ser convidado a participar en cursos e seminarios do máis diverso tipo; tomar parte, en suma, dun fluxo, dun continuo intercambio de ideas e experiencias, que a galería promove ofrecendo, incluso, a posibilidade de que os visitantes poidan aloxarse nalgún dos seus apartamentos. Trátase dunha opción diferente pero complementaria das formas máis convencionais de coñecer a cidade, inserta nun amplo programa de turismo creativo que permite coñecer de primeira man como vive, como respira a cidade de Santiago.

Mais información

Localización
Rúa da Conga, 9, Santiago de Compostela, 15782
Teléfono
981557853 / 649398558
E-mail
info@factoriacompostela.com
Web
http://www.factoriacompostela.com
Horario

Luns-Sábado: 11.30-13.30 / 17.00-21.00



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.