A Galería Espacio 48 fúndase en outubro de 2000, dando a coñecer a obra de artistas contemporáneos, nacionais e internacionais. Dende o principio configúrase como un lugar no que se pretende expoñer novas propostas, abrir novos camiños e impulsar a carreira de artistas emerxentes. A súa galerista, Charo Santiago, implícase cos artistas e participa do seu propio proxecto, tratando de crear un ideal que vai máis aló do puramente comercial. Esta mentalidade romántica reflíctese nas súas exposicións, que buscan dar cabida ás novidades sen deixar de lado a creadores máis consolidados.
Luns-Venres: 12.30-14.00 / 18.30-21.00