Enclavada no máis céntrico do Ensanche compostelán atópase a galería Auriol Arte, un espazo cultural aberto a todo tipo de actividades. Dende exposicións, esencialmente temáticas, ata presentacións de libros, debates e música en vivo en pequeno formato. Pretende ser como «unha gran sala de estar» acolledora e cun ambiente relaxado e cordial.
Luns-Sábado: 12.00 - 14.00 / 17.30 - 20.30
Domingo: 12.00 - 14.00