Apostamos polo amor á arte e a alegría de vivir nestes tempos de crise. Queremos un proxecto con trasfondo filosófico e que impulse un foro de debate. A.dFuga preséntase coma un espazo dinámico e flexible onde conflúan distintas disciplinas, fomentando ó mesmo tempo o galego no ámbito artístico.
Non pretende ser unha iniciativa endogámica, senón xerar pontes de colaboración con outras entidades culturais e institucións que teñan o mesmo obxectivo.
Mediante unha combinación de arte emerxente con artistas cunha traxectoria máis consolidada, buscamos unha interrelación entre autores de distintas tendencias e puntos xeográficos. Respectar a liña creativa dos artistas e á súa vez o criterio do comisariado ; é unha das nosas premisas, xunto co achegamento da arte contemporánea a todos os públicos.
Alentar o coleccionismo e o interese en potenciar a obra gráfica, o obxecto de autor, así como a escultura de pequeno formato. Simultaneamente ás propostas expositivas, a presenza na internet contribuirá á adaptación ós novos sistemas de mercado, cunha tenda na rede.
Ma-Do: 12.00-14.00 h; 18.00-21.00 h.