estado do tempo
Hoxe é martes 22 de maio, temos 20ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

'Peter Eisenman. A Cidade'

A Cidade da Cultura acolle de xeito permanente 'Peter Eisenman. A Cidade', unha mostra que, a modo de centro de interpretación, permite “ler” a arquitectura do complexo e seguir as liñas que marcan e organizan todo o conxunto.

A proposta do comisario da exposición, Manuel Blanco, catedrático da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid, analiza os primeiros pasos da Cidade, contando, a través do testemuño de Peter Eisenman, como foi concibida, e mostrando a través de fotografías e debuxos a linguaxe da súa creación.

A exposición permite "ler" a arquitectura da Cidade da Cultura e seguir as liñas que marcan e organizan o conxunto: seis grandes edificios que interactuar uns cos outros coma se fose unha única obra, un gran sexteto. Unidos por elementos e marcas, unha orde visible fai que os edificios xuntos formen parte dun grande organismo, dunha nova "montaña máxica" creada no Gaiás. A través da exposición pódense seguir os trazos do proxecto, os elementos que compoñen os seus espazos e fachadas, descodificándoos para entender as leis que rexen a composición. Igualmente, poderanse coñecer os protagonistas do equipo que está a construír esta grande obra e ver a inxente cantidade de documentos necesarios para o seu traballo.

A través de videos, maquetas e fotografías en soportes singulares, especialmente deseñados para a exposición, 'Peter Eisenman. A Cidade' permite entrar nas claves do ADN do proxecto, da linguaxe que serviu para a construción dunha obra que se erixe como un símbolo da Galicia contemporánea, un novo espazo cultural de encontro de todos os galegos.

Mais información

Lugar
Cidade da Cultura de Galicia
Localización
Lugar de la Ciudad de la Cultura, Santiago de Compostela, 15702
Web
http://www.cidadedacultura.org/
Prezo
Gratuíto
Horario
Todos os días, 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 h.


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.