Free cookie consent management tool by TermsFeed
imprimir cuaderno de viaje

 

 

Más información

Localización
Rúa María de los Ángeles de la Gándara- POLÍGONO INDUSTRIAL DE BOISACA, Santiago de Compostela, 15890
Teléfono
981888139
Fax
981 888 046
Actividad
1. Iluminación e unidade móbil xeradora Solucionamos a iluminación de calquera rodaxe (longametraxes, tv movies, series, anuncios publicitarios, documentais, industriais, curtametraxes, vídeo clips, etc.), cunha ampla variedade de material técnico e cun equipo especializado. Dispoñemos dunha gran diversidade de focos da mellor calidade e das mellores marcas, así como de calquera accesorio que se poida precisar durante o traballo e de unidades móbiles xeradoras totalmente insonorizadas e de fácil desprazamento a lugares de difícil acceso.2. GuindastresContamos cos equipos máis modernos en aluguer, e cunha ampla variedade de guindastres modulares, hidráulicos e berlanguitas, travelling, vías tanto rectas como circulares, así como accesorios de maquinistas, carmount, ventosa, ubangui, colgadoiros de cámara, etc.3. Audiovisual Facemos a montaxe de todo tipo de actos públicos, concertos, congresos, exposicións, mitins, iluminación arquitectónica... Para este tipo de actos dispoñemos de amplas posibilidades audiovisuais, plasmas, proxectores de vídeo e de 35 mm , leds... A montaxe do escenario e de carpas, a instalación e o control do sistema de son e de iluminación e o apoio técnico son algunhas das solucións que ofrecemos. Trípede intenta, por medio do seu equipo humano, técnico e de transporte, ofrecer a maior calidade, garantía, rapidez, coidado e éxito en cada unha destas tres áreas de traballo.
Contacto
Equipos