estado do tempo
Hoxe é martes 22 de maio, temos 20ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela
  • galego
  • español
  • english
  • português
  • français
  • deutsch
  • italiano

Virxe da Cerca

O Hotel Virxe da Cerca está aberto ao público dende 1999. Situado en pleno centro da cidade vella, ocupa un edificio do século XVIII, que foi casa de banca e residencia de xesuítas –por diante da súa fachada discorría o camiño real. É un casal restaurado no que conviven dous ambientes dispares. 

Dispón dun amplo xardín privado e un romántico ceadoiro, ambos rodeados por paseos acristalados a modo de claustro, que suxiren un mundo cheo de intimidade e encanto. A fachada principal está orientada cara o bulicioso mercado da cidade vella, ao que acoden as campesiñas das aldeas limítrofes a ofrecer os seus produtos, mentres que a outra fachada está orientada ao parque natural de Belvís.

Posúe cuartos equipados con baño completo, secador de pelo, servizo de minibar, televisión, teléfono, fío musical, aire acondicionado e caixa forte. Ten cafetaría, restaurante, salóns para reunións e aparcadoiro. E ademais, Internet e fax, xardín, música ambiental, complementos de aseo, caixa forte individual, ascensor, camas supletorias, lavandaría e outros.

SERVIZOS PARA CONGRESOS

Amplo salón para reunións, dotado de todos os medios que poidan precisar os congresistas.

Número Habitacións
Doble Individual Suite Suite Junior
42 1 0 0
Aparcadoiro

 

SALAS M2 DIMENSIÓN ALTURA CLASE U CÓCTEL BANQ
Belvís  65 10,65 x 6,10     2,6  25  25   50   25

 

SERVICIOS

Mais información

Localización
Rúa da Virxe da Cerca, 27, Santiago de Compostela, 15703
Teléfono
902 405 858
Fax
981 58 69 25
E-mail
info@pousadasdecompostela.com
URL
http://www.pousadasdecompostela.com


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.