

Peymar é unha empresa con máis de vinte anos no sector das montaxes de iluminación, son e audiovisuais. Realiza dende programas de televisión en directo ata concertos, conferencias, mitins, presentacións de produtos e outros.
Dispón de equipos de última xeración en audiovisuais e vídeo, así como en son e iluminación. Ademais, posúe unha tenda dedicada ao profesional da iluminación e o son.