

PCGAL é unha empresa de servizos pertencente ao Grupo Marsans, un dos grupos turísticos máis importantes de España que conta, entre outras, con empresas como Trapsa, Viajes Marsans, Pullmantur, Club Vacaciones, Vie, Spanair, o Palacio de Congresos do Colexio Oficial de Médicos de Madrid, ou o Palacio de Congresos de Salamanca.
SERVIZOS A CONGRESOS
Dedicámonos a planificar e organizar congresos, feiras, convencións, xornadas, e todo tipo de reunións, apoiándonos nunha experiencia de máis de quince anos no sector. O noso principal obxectivo é a organización integral de todo tipo de actos profesionais, dende a localización da sede, secretaría técnica e científica, catering, seguridade, montaxe e desmontaxe de casetas, equipos e persoal técnico (gabinete de relacións públicas e protocolo, azafatas, tradutores, receptores, audiovisuais, megafonías,...), material impreso (programas, credenciais, documentación...), transporte, aloxamento, etc