estado do tempo
Hoxe é martes 22 de maio, temos 20ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela
  • galego
  • español
  • english
  • português
  • français
  • deutsch
  • italiano

Pazo Vista Alegre

O Pazo Vista Alegre álzase no fértil val do río Ulla ao seu paso pola parroquia de Ponte Ulla, a poucos quilómetros de Santiago. Meticulosamente reconstruído polos seus propietarios actuais, está habilitado como restaurante e escenario de banquetes e celebracións. Nel tiveron lugar grandes acontecementos culinarios.

Posúe íntimos recunchos e acolledores comedores entre os seus muros robustos, e exuberantes xardíns, rodeados de fontes e flores, axeitados para grupos grandes de persoas. O pazo pertenceu a linaxudas familias de Galiza, como testemuñan os seus escudos e as meritorias obras de arte que o adornan. 

Neste exquisito ambiente, cheo de beleza e historia, pódense degustar os máis selectos manxares do mar e da terra galega, elaborados con especial mestría, con receitas tradicionais e novas.

Ofrece servizo profesional de camareiros, restauración, sala de reunións, montaxe de carpas propias para exposicións e organización de espectáculos, entre outros.

Salas Capacidade Capacidade para unir salas Tipo cociña Idiomas
 6 2.050 2.000 aprox Cociña tradicional galega Inglés e francés

 

SALAS Teatro Escola Imperial Cóctel Banq.redondo Banq.tableiro
 Salón Vermello  50   20    25  20   40   50  
Salón Azul  80   40    25  90   60   80  
 Salón Rosa 350 120    80  400   170   225  
Salón Adega 200 75    70  210   130   150  
 Salón Clasíco  400   225      400   200     
 Cenador Imperial  800   325    120  900 450   650  

 

Aparcadoiro/capacidade Climatización Salóns privados Capacidade salóns privados Pecharía para atendelo Congreso
  Sí Todos  2.000 aprox  Sí

Mais información



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.