

O Pazo Vilar de Ferreiros está situado en Santiso (A Coruña), no centro xeográfico de Galiza, entre Santiago, Lugo, Arzúa e Melide. É un edificio orixinal do século XV, con claras referencias decorativas ao Barroco Compostelán. Grazas á recente restauración efectuada nel, habilitáronse 5 magníficos salóns cunha capacidade total de 450 persoas. A súa ambientación actual, diferente e acolledora, permite gozar de momentos moi especiais. Posúe dous patios e unha capela adxacente. Está rodeado de amplos xardíns con fontes, palmeiras, bosques de castiñeiros e carballos, un pombal, estanque, paseos con árbores froiteiras... todo inmerso na paisaxe encantadora da campiña. O Pazo Vilar de Ferreiros ofrece unha exquisita cociña e un servizo coidado, coa calidade recoñecida do Grupo Ruta Jacobea. Dispoñemos dunha ampla selección de menús, axeitados a cada estación do ano e a cada acto, e adaptábeis aos gustos dos nosos clientes.
| Salas | Capacidade | Capacidade para unir salas | Tipo cociña | Idiomas |
| 5 | 450 | Sí | Galega/española/tradicional | Inglés e francés |
| Salas | Capacidade |
| Principal 1 | 100 |
| Principal 2 | 100 |
| Planta baixa 1 | 100 |
| Planta baixa 2 | 100 |
| Lareira | 50 |
| Aparcadoiro/capacidade | Climatización | Salóns privados | Capacidade salóns privados | Pecharía para atendelo Congreso |
| - | Sí | Sí | 450 prazas | Sí |