estado do tempo
Hoxe é martes 22 de maio, temos 20ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela
  • galego
  • español
  • english
  • português
  • français
  • deutsch
  • italiano

Pazo de San Lorenzo

O Pazo de San Lorenzo de Trasouto é un singular edificio, próximo á zona monumental, construído en 1216. Está asentado sobre unha finca amurallada de 50.000 metros cadrados, que acolle un bosque e espléndidos xardíns. Ao seu extraordinario valor histórico úneselle o tradicional encanto dos pazos galegos. Todo o conxunto foi declarado ben de interese artístico e cultural.

O Pazo foi acondicionado para a celebración de xantares, convencións, congresos e presentacións comerciais en 1993. E máis recentemente, en 2002, emprendeuse unha gran transformación, que incorporou cociña propia de inspiración actual, de alta calidade e baseada no tradicional produto galego.

Dispón de dous antigos salóns nos que se poden organizar banquetes e reunións. O claustro, do século XVII, pechado e climatizado, contén unhas sebes de buxo con sorprendentes debuxos alegóricos da mesma época e é un lugar idóneo para servir comidas, aperitivos, cafés de traballo ou realizar presentacións comerciais. A igrexa, co seu magnífico retablo italiano do século XVI elaborado en mármore de Carrara, é un lugar excelente para realizar concertos de música clásica, antiga ou barroca.

Ofrece asesoramento profesional e facilita os medios técnicos precisos para calquera convención sofisticada. 

O Pazo ábrese só para actos concertados, xa que os propietarios manteñen o seu uso privado.

Salas Capacidade Capacidade para unir salas Tipo cociña Idiomas
2 + claustro    500 banquete / 700-800 bufé Tradicional elaborada Inglés 

 

SALAS Teatro Escola
Tapices   50  70  
Noble   70 30
Claustro   400   

 

Aparcadoiro/capacidade Climatización Salóns privados Capacidade salóns privados Pecharía para atendelo Congreso
Non   Sí 2    100+70+330  Sí

Mais información

Localización
Robleda de San Lorenzo, s/n
Teléfono
981 552 725
Teléfono 2
620 093 093
Fax
981 555 723
E-mail
info@pazodesanlorenzo.com
URL
http://www.pazodesanlorenzo.com


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.