
FOTO: XABIER CARRASCO

Nordesía Produccións é unha empresa de servizos especializados na produción total de todo tipo de acontecementos artísticos e culturais: música, teatro, danza, instalacións multimedia e demais aparellos. Está integrada por profesionais de longa traxectoria no ámbito empresarial e cultural.
Outorga especial importancia á innovación e ás novas tecnoloxías do sector e representa en exclusiva a unha selección significativa de artistas galegos: Berrogüetto, Xosé Manuel Budiño, Na Lúa, Fía na Roca e Uxía –música– e a compañía de baile Nova Galega de Danza.