Espacios USC


A Universidade de Santiago de Compostela, con máis de cinco séculos de historia, é unha institución recoñecida en España e Europa, con personalidade propia e comprometida co seu tempo.
A riqueza e o valor do seu inmenso patrimonio arquitectónico e inmobiliario constitúen sedes idóneas para todo tipo de acontecementos. Desde edificios emblemáticos e históricos como os colexios de Fonseca e San Xerome, actual sede do Reitorado, aos pés da Catedral, ata construcións tan actuais como a Facultade de Ciencias da Comunicación ou o Complexo Vista Alegre, a Universidade de Santiago ofrece unha atractiva diversidade de espazos. Entre outros, dispón de salóns de actos con gran capacidade, aulas de todos os tamaños, salas de informática e seminarios, todos eles dotados do mellor equipamento tecnolóxico. Así mesmo, a Universidade ofrece unha serie de ambientes con sabor especial: claustro, xardín e comedor de Fonseca ou a galería da Casa de Europa son idóneos para a celebración de cócteles e almorzos de traballo e congresos.
SERVIZOS PARA CONGRESOS
Espazos abertos e pechados, salóns de actos, aulas, salas de informática, seminarios, medios técnicos e audiovisuais, cartelaría, impresión e edición dixital. Material de congresos, regalos institucionais, servizo de catering (cafés, cócteles, comidas).
| SALAS |
M2 |
DIMENSIÓN |
ALTURA |
MESA REDONDA |
CÓCTEL |
BANQUETE |
| Salón nobre de Fonseca |
370 |
|
9 |
|
|
|
| Salón rectoral de Fonseca |
108 |
6,4x16,9 |
2,86 |
40 |
|
|
| Claustro de Fonseca |
|
|
|
|
150 |
|
| Comedor de Fonseca |
107,76 |
10,77x9 |
2,88 |
|
|
80 |
| Sala de Prensa |
50 |
|
|
40 |
|
|
| Paraninfo Facultade Historia |
260 |
|
|
|
|
|
| Auditorio Ciencias da Comunicació |
305,96 |
23,04x13,65 |
8,85 |
|
|
|
| Sala debates Centro Estudios Avanzado |
261 |
|
6 |
100 |
|
|
| Seminario Europa |
64 |
|
6 |
20 |
|
|
| Sala de reunión Casa de Europa |
28,74 |
6,39x4,23 |
3,43 |
12 |
|
|
| Sala de reunión Casa de Europa |
27,74 |
6,19x 4,25 |
3,43 |
15/20 |
|
|
| Galería Casa de Europa |
65,5 |
15,94x4,11 |
3,03 |
|
110 |
55 |
Datos técnicos
|
SALAS COMPLEXO VISTA ALEGRE (Centro de Estudos Avanzados e Casa de Europa) |
 |
- Equipos de retroproxección
- Wireless (conexión sen fíos a Internet)
- Megafonía
- Cabinas de Tradución
|
|
|
AUDITORIO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN |
 |
- Permite proxeccións sobre a parede
- Conexión a Internet
- Modernos equipos de gravación e son
- Cabinas para tradución
- Megafonía
- Microfonía
|
Mais información

Google Street View é un servizo automático de Google que obtén imaxes a pé de rúa en base a súa localización xeográfica. Turismo de Santiago non é responsable do seu contido, encadre ou punto de vista. A inclusión deste recurso é só a título informativo.