

O Hotel AC Palacio del Carmen é un singular e luxoso edificio –antigo convento das Oblatas– que foi rehabilitado recentemente, respectando o estilo arquitectónico e artístico orixinal. Situado no casco histórico, moi preto da Praza do Obradoiro, posúe todos os servizos dun estabelecemento de luxo, e unha coidada restauración para saborear nun marco incomparábel.
Dispón de 74 cuartos (4 suites), 6 salas de reunións, piscina interior climatizada, sauna e baño turco, fitness centre, restaurante con vistas a un espléndido xardín, minibar gratuíto, servizo de lavandaría, servizo de habitacións, business facilities, aparcadoiro, conexión a Internet, xardíns, prensa gratuíta, cuartos para non fumadores, cuartos para minusválidos, etcétera.
![]() |
![]() |
![]() |
SERVIZOS PARA CONGRESOS
Ten 5 salas de reunión moi confortábeis e unha ampla sala para convencións e banquetes, antiga capela do convento. Conexión a Internet, aluguer de audiovisuais, menús de empresa, coffe-breaks, etcétera. Tamén ofrece sala fitness con piscina climatizada, baño turco e sauna para unha perfecta combinación entre os negocios e o lecer.
|
|
| SALAS | M2 | DIMENSIÓN | ALTURA | CLASE | U | CÓCTEL | BANQUETE |
| Consello A | 27 | 6,95 x 3,95 | 2,83 | 12 | 10 | 30 | 16 |
| Consello B | 28 | 6,95 x 3,96 | 2,83 | 12 | 10 | 30 | 16 |
| Fórum A | 70 | 10,07 x 6,95 | 3,1 | 45 | 30 | 80 | 50 |
| Fórum B | 73 | 10,92 x 6,70 | 3,1 | 45 | 30 | 80 | 50 |
| Gran Fórum | 141 | 18,37 x 7,70 | 8,9 | 90 | 50 | 250 | 120 |
| Sancristía | 20 | 6,25 x 3,1 | 3 |
|
||||||||||
|
|