Rúa das Mámoas de Montouto, 4
Coordenadas para GPS: 42.83611000, -8.54637600
A uns 4 km. do centro de Santiago, encóntrase este aloxamento moderno e elegante, adaptado para calquera motivo de visita, xa sexa por negocios ou pracer.
Ocupa un edificio construído en 1985 e completamente renovado no ano 2007.
Restauración
O Restaurante Orballo aposta por unha variada e innovadora oferta gastronómica, na que se funden os sabores tradicionais de Galicia co máis sofisticado da cociña actual. Así, ofrécense almorzo bufet, xantar e cea (á carta ou menús).
A Cafetería Citania pon a disposición dos seus clientes unha gran variedade de bebidas, cafés, chocolates, infusións, whiskys, xeados, bolería, sándwiches e bocadillos.
Máis información
Ofrece un marco idóneo para todo tipo de celebracións (congresos, reunións de traballo, presentacións de produtos, seminarios, vodas, comuñóns, aniversarios...) poñendo todo o interese en lograr a plena satisfacción dos seus clientes, baixo o asesoramento dun persoal cualificado.
Dispón de 15 salóns de reunións modulares -con capacidade de 10 a 800 persoas- equipados con avanzada tecnoloxía e medios audiovisuais.
Internet wifi dispoñible en todo o hotel (de pagamento) e acceso gratuíto a 3 terminais.
Arredores
Está situado nunha tranquila zona residencial, moi doada de acceso, a uns 10 minutos en coche do centro histórico de Santiago.
Como chegar
- Dende Santiago centro: tomar a saída cara a Ourense e a AC 841 en dirección A Estrada. Seguir recto 2 km ata chegar a unha gasolineira Cepsa. Aí, xirar inmediatamente á dereita e seguir ata encontrar o hotel.
- Dende A Coruña: dende a autoestrada AP 9, tomar a saída 72 (Santiago Leste - Ourense) e a dirección Santiago. Pasar a 1ª rotonda todo recto. Na 2ª rotonda, tomar a AC 841 en dirección a Estrada. Seguir recto 2 km ata chegar a unha gasolineira Cepsa. Aí, xirar inmediatamente á dereita e seguir ata encontrar o hotel.
Información xeral dos cuartos
120 cuartos con baño (algunhas con bañeira de hidromasaxe): estándares, júniors, executivas e superiores.
Acceso a internet wifi (de pagamento).
Non existe disponibilidade para o período seleccionado 23/02/2012 24/02/2012
| tipo cuarto | réxime | cuartos | |
|---|---|---|---|
| Solicitar |
Acceso a internet WiFi, Acceso minusválidos, Admite animais (consultar), Aire acondicionado, Aire acondicionado nos cuartos, Antena parabólica, Aparcadoiro, Aparcadoiro praza minusválidos, Ascensor, Ascensor acces. entre plantas, Bar-Cafetaría, Berce, Caixa de seguridade individual, Calefacción individual, Camas supletorias, Centro de negocios, Cuartos fumadores / no fumadores, Encerado de papel, Fotocopiadora, Gardarroupa, Internet WiFi nos cuartos, Lavandaría, Megafonía, Minibar, Pantallas, Piscina, Podios, Proxectores, Recepción 24h , Relacións públicas, Restaurante, Restaurante accesíbel, Sala de reunións, Salón de convencións, Salóns divisíbeis, Secador de cabelo nos cuartos, Servizo de fax, Servizo postal, Taboleiros de anuncios, Teléfono nos cuartos, Terminal de internet, Troco de moeda, Xardín/Terraza, Ximnasio, Área de recepción
os datos que aquí figuran foron facilitados polo propio aloxamento – proveedor do servizo. Turismo de Santiago non se fai responsable dos mesmos