Descrición: Entra nos seus espazos e descubre o encanto dos nosos artesáns e dos oficios ancestrais de Compostela: coiro, pasamanería tradicional, pratería e acibeche...
Esta visita propón achegarse ao corazón e recunchos artísticos de Santiago para ver traballar en directo algúns dos artesáns que comparten a mesma inquietude: recuperar os oficios e materiais tradicionais da cultura galega e santiaguesa.
Forman parte desta visita:
- Xoiería Malde. Nesta tenda, aberta en 1933, perpetúase o tradicional traballo da prata, a artesanía compostelá por excelencia.
- Tenda-Taller A Mouga. Esta tenda-taller está especializada na elaboración de traxes galegos, no deseño e reprodución de modelos antigos. Aí, os seus artesáns abriranvos as portas do seu taller de pasamanería ao aire e colares (elementos do traxe galego).
- Tenda-Taller Media Lúa. Todas as pezas desta tenda están realizadas con coiro, un dos materiais básicos na fabricación de obxectos antes da revolución industrial. A elaboración, desde o bosquexo ata o remate final, é totalmente manual empregando técnicas tradicionais de gornicioneiro.
- Xoiería Ricardo. O dono e artesán desta xoiería Ricardo Rivas Casal, mostrará o proceso creativo dun dos "souvenirs" máis apreciados polos peregrinos: os obxectos relixiosos e amuletos de acibeche.
Percorrido: Rúa do Vilar (Xoiería Malde: taller de prata) – Rúa Nova (encaixes de Camariñas e cerámica de Sargadelos) - Rúa de Xelmírez (Tenda A Mouga: taller de pasamanería) - Rúa Travesa (Tenda Media Lúa: taller de coiro) – Rúa da Acibechería (Xoiería Ricardo: taller de acibeche).
Prezo
10 €
Dispoñibilidade
Dispoñible para grupos baixo petición.
Lugar
Saída da Oficina Central de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63).
Duración
2 hrs. máx.
Idiomas disponibles
Bilingüe Español / Inglés.
Organiza
Turismo de Santiago