estado do tempo
Hoxe é luns 21 de maio, temos 12ºC e prevese principalmente nubrado en Santiago de Compostela

Última etapa do Camiño: Santiago - Fisterra

 

 

  • Desde    ata 

    Non existe disponibilidade para o período seleccionado 2012-05-21 2012-05-21

    Disponibilidad

    Calquera día do ano agás o mes de agosto e Semana Santa.

    Duración

    8 días / 7 noites.

    Incluído en el precio

    - Aloxamento 2 noites en Santiago en Hotel 3* e 5 noites en Casas de Turismo Rural situadas en cada unha das etapas do Camiño. - Réxime segundo programa (5 MP + 2 AD). - Traslados ao final de cada etapa ata a casa rural. - Visita ás cubertas da Catedral. - Cea con menú degustación. - IVE. A continuación ofrecémoslle o itinerario cos detalles do percorrido: 1eiro DÍA SANTIAGO DE COMPOSTELA € Chegada a Santiago por conta do cliente. € Aloxamento en Hotel de categoría 3*. € Propoñemos a nosa visita máis especial: a VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL, na que gozará das estupendas vistas panorámicas de toda a cidade e os seus arredores. € Logo de pasar a tarde con tempo libre para descubrir a cidade compostelá, regreso ao hotel para descansar e tomar forzas para o comezo da ruta. € Aloxamento. 2º DÍA € 1ª ETAPA SANTIAGO € A PENA (30 km) € O camiñante abandona o hotel e parte dende a Praza do Obradoiro, ao pé da extraordinaria basílica compostelá. € A ruta transcorre pola Carballeira de San Lourenzo e continúa polo antigo Mosteiro de San Lourenzo de Trasouto, segue por Augapesada (con ponte medieval), Alto do Mar de Ovellas, Ponte Maceira (con gran ponte do século XIII e muíños de río) e segue por Negreira (Pazo de Cotón e Igrexa de San Mauro). € Nun tramo da ruta farase unha parada para o xantar (por conta do cliente). € Ao remate da etapa o peregrino será trasladado nun vehículo ata unha casa rural. € Cea e aloxamento. 3ª DÍA € 2º ETAPA O CORNADO € OLVEIROA (19 km) € Logo do almorzo, o camiñante inicia o traxecto no Cornado. A ruta transcorre por Santa Mariña das Maroñas (con igrexa parroquial románica e hórreos), Bon Xesús e Vilar de Castro, onde se ascende ao Monte Aro (en cuxo cumio hai un castro e unhas magníficas vistas), e termina en Olveiroa. Neste tramo poderanse observar nas paredes de varias casas unhas pequenas peanas que serven de entrada ás colmeas, instaladas no interior das vivendas. € Nun tramo da ruta farase unha parada para o xantar (por conta do cliente). € Logo de facer a etapa, o peregrino será trasladado nun vehículo ata unha casa rural, cuxas sinais de identidade son a tranquilidade e o trato personalizado e familiar. € Cea e aloxamento. 4º DÍA € 3ª ETAPA OLVEIROA € FISTERRA (35 km) € O camiñante abandona a casa rural logo dun bo almorzo. € A xornada comeza xunto ao albergue de Olveiroa. A continuación pásase pola igrexa de Santiago de Olveiroa e o Hospital do Logroso e, na bifurcación, tómase o desvío a Fisterra. € Séguese polo Marco do Couto; os Santuarios de Nosa Señora das Neves e San Pedro Mártir, cada un coa súa fonte santa; os pobos de Cee, Corcubión (declarado Conxunto Histórico € Artístico) e Sardiñeiro, para rematar en Fisterra. € Nun tramo da ruta farase unha parada para o xantar (por conta do cliente). € Ao rematar a etapa, o peregrino será trasladado nun vehículo ata unha casa de turismo rural onde poderá gozar da particularidade da contorna. € Cea e aloxamento. 5º DÍA € 4ª ETAPA CABO FISTERRA € LIRES (17 km) € O camiñante abandona a casa rural logo dun bo almorzo. € A xornada comeza no Cabo de Fisterra para baixar pola igrexa de Santa María das Areas e o seu cruceiro gótico, atravesar o pobo de Fisterra, Val de Duio, a zona do Areal do Rostro co seu conxunto dunar, Castrexe, Padrís, Canosa e, por último, Lires. € Nun tramo da ruta farase unha parada para o xantar (por conta do cliente). € Ao rematar a cuarta etapa o peregrino será trasladado nun vehículo ata un aloxamento onde gozará dun ambiente de mar, montaña e ríos que fará da súa estada un remanso de paz e tranquilidade en contacto coa natureza. € Cea e aloxamento. 6º DÍA € 5ª ETAPA LIRES - MUXIA (19,5 km) € O camiñante abandona o establecemento logo dun bo almorzo. € Partindo de Lires, pásase por Vaosilveiro, Frixe, Guisamonde, Morquintán, Monte Facho, Praia de Lourido, o pobo de Muxía, e termínase no Santuario de Nosa Señora da Barca, famoso polas súas pedras; a de Abalar e a dos Cadrís. € Nun tramo da ruta farase unha parada para xantar (segundo o gusto do peregrino). € Ao rematar a quinta etapa, o peregrino será trasladado en vehículo ata unha casa rural. € Cea e aloxamento. 7º DÍA € SANTIAGO DE COMPOSTELA € Logo de rematar o Camiño Santiago € Fisterra, o peregrino regresa a Santiago pola súa conta. € Aloxamento en Hotel de categoría 3*. € Tarde de tempo libre para gozar da cidade compostelá e regreso ao hotel para descansar. € Cea con menú degustación nun restaurante da zona histórica. € Aloxamento. € Fin dos nosos servizos.

    Organiza

    Compostur

    Prezo

    - Prezo por persoa en cuarto dobre: 465,00 €. - Prezo por persoa en cuarto individual: 545,00 €. OPCIONAL: - Traslado de Muxía a Santiago de Compostela (mín 1 € máx 4 persoas). - Posibilidade de cambiar a orde das noites en Santiago de Compostela.

    Condiciones especiales

    - As peticións de reserva deberanse remitir á organización por escrito (fax, mail). - Unha vez confirmados os servizos por parte da organización, solicitarase un depósito do 25% do importe total da reserva en concepto de garantía. A cantidade restante deberase abonar como máximo 30 días antes da saída.

    Cancelación

    Gastos de cancelación unha vez confirmada a reserva: - Sen gastos de cancelación con máis de 2 meses de antelación á saída. - 25 % de gastos de cancelación, no caso de que se cancele entre os 30 e 15 días antes da saída. - 100 % de gastos se a cancelación se produce dentro dos 15 días anteriores á saída. - Recomendamos a contratación dun seguro que cubra os gastos de cancelación.

os datos que aquí figuran foron facilitados polo propio aloxamento – proveedor do servizo. Turismo de Santiago non se fai responsable dos mesmos