Descrición: Descubre paseado en compañía dun guía os principais atractivos de Santiago pola noite, fóra dos horarios turísticos habituais e co encanto engadido de ver a cidade iluminada, entrar nos silenciosos claustros do Hostal dos Reis Católicos e coñecer algunhas das zonas máis animadas da vida nocturna compostelana.
A visita remata nun pub, coa degustación dunha popular queimada.
Percorrido: Rúa do Vilar, Porta Faxeira, O Franco (rúa de viños, tapas e restaurantes), Praza de Fonseca (Universidade), Praza do Obradoiro, Hostal dos Reis Católicos (claustros), San Martiño Pinario, Rúa da Troia (Casa da Troia), Praza da Quintana, San Paio de Antealtares (mosteiro e zona de terrazas de cafés e copas), Rúa Nova.
Non existe disponibilidade para o período seleccionado 2012-05-21 2012-05-21
Adultos: 13 €
Menores de 5 anos: gratis
Nenos de 6 a 12 anos: 50% desconto
SEMANA SANTA 11: venres 22 e sábado 23 abril, ás 22.30 h.
TEMPADA ALTA 11 (1 xullo-15 setembro): todos os venres e sábados, ás 22.30 h.
2 h. aprox.
Español. Inglés só baixo petición (mínimo 15 pax).
A visita remata nun pub, coa degustación dunha popular queimada.
Turismo de Santiago
os datos que aquí figuran foron facilitados polo propio aloxamento – proveedor do servizo. Turismo de Santiago non se fai responsable dos mesmos