estado do tempo
Hoxe é luns 21 de maio, temos 13ºC e prevese principalmente nubrado en Santiago de Compostela

Camiño de Santiago Francés desde León

 

 

  • Descrición:  Propoñémosche unha experiencia inesquecible que é facer o Camiño en bicicleta, aloxándote en hoteis de 3* para que descanses despois de cada etapa, con guía acompañante para non perder detalle dos lugares polos que pases, con autocar de apoio para levar a equipaxe e trasladarte, ao finalizar a etapa, ao aloxamento, coa cea preparada todas as noites, cunha bicicleta último modelo... 

    Percorrido:  Día 1 (Venres): Chegada por conta dos clientes a León. Punto de encontro no hotel, reunión aclaratoria co guía. Noite en León. 

    Día 2 (Sábado): León – Astorga (49 Km). Noite en Astorga. 

    Día 3 (Domingo): Astorga – Ponferrada (54 Km). Noite en Ponferrada. 

    Día 4 (Luns): Ponferrada – O Cebreiro (50 Km). Noite en Sarria. 

    Día 5 (Martes): O Cebreiro – Sarria (46 Km). Noite en Sarria. 

    Día 6 (Mércores): Sarria – Melide (62 Km). Noite en Santiago. 

    Día 7 (Xoves): Melide – Santiago (54 Km). Noite en Santiago. 

    Día 8 (Venres): Visitas de Santiago e cea despedida. 

    Día 9 (Sábado): Almorzo en Santiago, visita ás cubertas da Catedral e fin dos nosos servizos.  

     

    Desde    ata 

    Non existe disponibilidade para o período seleccionado 2012-05-21 2012-05-21

    Prezo

    -Prezo por persoa en cuarto duplo: 1.470 € 

    -Prezo por persoa en cuarto duplo uso individual: 1.670 € 

    Dispoñibilidade

    **SAÍDAS ESPECIAIS 2010** 

    (garantidas cun mínimo de participantes) 

    Do 19 ao 27 de febreiro. 

    Do 19 ao 27 de marzo. 

    Do 26 marzo ao 03 de abril (Semana Santa). 

    Do 23 de abril ao 01 de maio. 

    Do 18 ao 26 de xuño (San Xoan). 

    Do 02 ao 10 de xullo. 

    Do 17ao 25 de xullo (Festas do Apóstolo). 

    Do 06 ao 14 de agosto. 

    Do 03 ao 11 de setembro. 

    Do 08 ao 16 de outubro. 

    Do 29 de outubro ao 06 de novembro. 

    Do 03 ao 11 de decembro. 

    - Mínimo de participantes: 4 

    - Máximo de participantes: 15

    Lugar

    Chegada por conta dos clientes a León. Punto de encontro no hotel.

    Duración

    9 días / 8 noites.

    Incluido no prezo

    -Aloxamento en Hoteis de 3 *, 1 noite en León, 1 noite en Astorga, 1 noite en Ponferrada, 2 noites en Sarria, 2 noites en Santiago. 

    -Réxime: Media Pensión (cea), pic-nic durante as etapas do Camiño e cea especial despedida en Santiago. 

    -Aluguer de bicicleta marca BH para todo o percorrido, aluminio, 21 velocidades con cambio 

    Shimano Acera. 

    -2 revisións mecánicas das bicicletas. 

    -Autocar de apoio con condutor. 

    -2 guías acompañantes. 

    -Visita do casco histórico en Santiago con guía oficial. 

    -Visita das cubertas da Catedral en Santiago. 

    -Documentación para a viaxe: mapa e credencial do peregrino. 

    -Seguro de viaxe. 

    Condicións especiais

    Existe un número de prazas limitadas para todas as saídas. 

    - As peticións de reserva deberanse remitir á organización por escrito (fax, mail). 

    - Unha vez confirmados os servizos por parte da organización, solicitarase un depósito do 40 % do importe total da reserva como garantía. 

    - A cantidade restante deberase abonar cun máximo de 30 días antes da saída. 

    Condicións cancelación

    Gastos da cancelación, unha vez confirmada a reserva: 

    -Sen gastos de cancelación, con máis de 2 meses de antelación á saída. 

    -40 % de gastos de cancelación, no caso de que se cancele entre os 60 e 30 días antes da saída. 

    -100 % gastos se a cancelación se produce dentro dos 30 días antes da saída.

    Organiza

    Compostur 

os datos que aquí figuran foron facilitados polo propio aloxamento – proveedor do servizo. Turismo de Santiago non se fai responsable dos mesmos