estado do tempo
Hoxe é luns 21 de maio, temos 13ºC e prevese principalmente nubrado en Santiago de Compostela

Camiño de Santiago Francés desde Astorga

 

 

  • Descrición:  Propoñémosche unha experiencia inesquecible que é facer o Camiño en pé, aloxándote en hoteis de 3* para que descanses despois de cada etapa, con guía acompañante para non perder detalle dos lugares polos que pases, con autocar de apoio para levar a equipaxe e trasladarte ao finalizar a etapa ao aloxamento, coa cea preparada todas as noites... 

    Percorrido:  Día 1 (Venres): Astorga. 

    Día 2 (Sábado): Rabanal do Camiño - Ponferrada. 

    Día 3 (Domingo): Ponferrada - Alto do Poio. 

    Día 4 (Luns): Sarria - Portomarín. 

    Día 5 (Martes): Portomarín - Palas de Rei. 

    Día 6 (Mércores): Palas de Rei - Arzúa. 

    Día 7 (Xoves): Melide - Arca. 

    Día 8 (Venres): Arca - Santiago. 

    Día 9 (Sábado): Santiago.   

     

    Desde    ata 

    Non existe disponibilidade para o período seleccionado 2012-05-21 2012-05-21

     

    Prezo

    - Prezo por persoa en cuarto duplo: 1.565 € 

    - Prezo por persoa en cuarto duplo uso individual: 1.765 € 

    Dispoñibilidade

    **SAÍDAS ESPECIAIS 2010** 
    Do 19 ao 27 de febreiro. 
    Do 19 ao 27 de marzo. 
    Do 26 marzo ao 03 de abril (Semana Santa). 
    Do 23 de abril ao 01 de maio. 
    Do 18 ao 26 de xuño (San Xoan). 
    Do 02 ao 10 de xullo. 
    Do 17ao 25 de xullo (Festas do Apóstolo). 
    Do 06 ao 14 de agosto. 
    Do 03 ao 11 de setembro. 
    Do 08 ao 16 de outubro. 
    Do 29 de outubro ao 06 de novembro. 
    Do 03 ao 11 de decembro. 

    - Mínimo de participantes: 4 
    - Máximo de participantes: 15

    Lugar

    Chegada por conta dos clientes a Astorga. Punto de encontro no hotel.

    Duración

    9 días / 8 noites.

    Incluido no prezo: -ALOXAMENTO: 8 noites de aloxamento en hoteis e casas de turismo rural. Procuramos alternar estancias en hoteis cómodos situados en vilas interesantes do Camiño de Santiago con casas de turismo rural cuxa arquitectura, hospitalidade e gastronomía dean un toque especial ao final do día. 

    - COMIDAS: Tanto os almorzos como as ceas están incluídos. Os xantares non o están, pero durante o percorrido vaise facer unha parada para comer algo e repoñer forzas nalgunhas das vilas por onde pasamos; o guía poderá suxerir algún sitio en función do itinerario dese día concreto. 

    - GUÍA: o guía coñece ben o Camiño de Santiago e poderá dar explicacións dos seus monumentos, da súa historia ou da súa paisaxe. Vai ser, en todo momento, o coordinador da viaxe. 

    - TRANSPORTE: Ademais de trasladarnos dende / ate o lugar onde nos aloxamos, vai servir para transportar a equipaxe e prestar apoio durante o percorrido a pé, o que nos permite recoller a alguén ou acurtar a ruta se fose preciso (sempre e cando as características da etapa o permitan). Dado que o número mínimo de participantes é de 4, o vehículo poderá ser un monovolume tipo Mercedes Viano ou un microbús dependendo do número de pasaxeiros. 

    -Visita do casco histórico en Santiago con guía oficial. 

    -Visita das cubertas da Catedral en Santiago. 

    -Documentación para a viaxe: mapa e credencial del peregrino. 

    -Seguro de viaxe. 

    Itinerario

    Día 1 (Venres): Astorga 
    Chegada por conta dos clientes a Astorga. Punto de encontro no hotel, reunión aclaratoria co guía, entrega da credencial e cea no hotel. 

    Día 2 (Sábado): Rabanal do Camiño – Ponferrada (25 Km). Noite en Ponferrada. 
    Despois do almorzo, comezo da 1ª etapa do Camiño, ímonos dirixir a Rabanal do Camiño para iniciar alí a camiñada. Serán 25 Km (15 millas) ate chegar a Molinaseca onde terminaremos o percorrido a pé e pararemos para coñecer a vila. Dalí imos ir ate Ponferrada a coñecer o Castelo Templario e a continuación ao Hotel. A etapa é do mellor xa que, ademais da beleza da paisaxe que imos descubrir cruzando as montañas que separan a Maragatería da comarca do Bierzo, imos pasar por unha chea de lugares cunha enorme importancia na historia do Camiño: Rabanal, Foncebadón, Cruz de Ferro, O Acebo, Molinaseca e Ponferrada. 

    Día 3 (Domingo): Ponferrada – Alto do Poio (17 Km). Noite en Sarria. 
    Almorzo no hotel e comezo da 2ª etapa, que hoxe vai ser máis curta que a de onte xa que a pendente é meirande. Comezamos en Herrerías e imos terminar no Alto do Poio, a distancia vai ser de 17 Km (10 millas), e se a etapa de onte foi boa, a de hoxe é mellor. A entrada a Galicia ascendendo cara O Cebreiro é espectacular y dános a ocasión de facer unha parada na vila para descansar un pouco, xantar e coñecer as Pallozas, a igrexa prerrománica de Sta. María e a arquitectura da montaña desta parte de Lugo. Despois do Cebreiro imos continuar polo Alto de San Roque e terminar no Alto do Poio. Durante practicamente todo o percorrido as vistas son magníficas, xa que o camiño discorre por unha zona alta que permite divisar unha zona amplísima de prados, bosques e aldeas. Xa no vehículo, imos a Sarria, onde nos imos aloxar. Antes diso imos parar no camiño para visitar o Mosteiro de Samos. 

    Día 4 (Luns): Sarria - Portomarín (24 Km). Noite en Sarria. 
    Almorzo no hotel e comezamos a 3ª etapa, deixamos aquí toda a equipaxe xa que imos regresar despois da etapa. Hoxe van ser 24 Km (14.5 millas) ate chegar á Igrexa-fortaleza de San Nicolás en Portomarín. Dende Sarria imos facer o percorrido íntegro do Camiño para que aqueles que queiran obter a “Compostela” poidan facelo. Os lugares máis importantes do día de hoxe son o casco antigo de Sarria (Igrexa do Salvador, Convento da Magdalena), a Igrexa románica de Barbadelo e a Igrexa-fortaleza de San Nicolás erixida pola orde dos Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén. Aproveitando a súa proximidade, ímonos achegar a Lugo antes de volver ao hotel para coñecer as súas impoñentes murallas romanas e a súa Catedral. 

    Día 5 (Martes): Portomarín - Palas de Rei ( 24 Km). Noite en Palas de Rei. 
    Conducimos ate Portomarín e alí imos retomar o Camiño no mesmo punto onde o deixamos onte. Hoxe imos chegar a Palas de Rei despois de 24 Km (14.5 millas) de terreo relativamente fácil de camiña,r xa que non hai que salvar grandes desniveis. Aloxamento en Palas. 

    Día 6 (Mércores): Palas de Rei – Arzúa (23 Km). Noite en Arzúa. 
    Saímos de Palas de Rei e iniciamos a etapa que imos terminar en Castañeda, despois de 23 Km (14 millas). Hoxe imos descubrir unha infinidade de pequenos lugares de interese: Leboreiro (pequena aldea magnificamente conservada), a ponte medieval sobre o río Furelos, Igrexas de San Pedro e Santa María en Melide. Ademais imos atravesar os ríos Pambre, Porto, Furelos e Boente que regan unha comarca famosa pola súa gandería e os seus queixos. Hoxe imos ter a ocasión de degustar a gastronomía local en Melide, onde imos parar para repoñer forzas antes de terminar a etapa. 
    Aloxámonos en Arzúa e despois de descansar un pouco imos visitar o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, espectacular nas súas dimensións e, arquitectonicamente, un dos máis interesantes edificios barrocos de Galicia. 

    Día 7 (Xoves): Melide – Arca (24 Km). Noite en Arzúa. 
    Volvemos a Castañeda para reiniciar o Camiño; dalí descendemos ate chegar ao albergue de Ribadiso, un dos preferidos polos peregrinos pola súa arquitectura tradicional e a súa situación, a carón do río Iso. 
    Continuamos por Arzúa atravesando despois pequenas aldeas como Calzada, Calle, Salceda e terminando a nosa etapa en Arca. Hoxe camiñamos 24 Km (14 millas). Regreso ao hotel. 

    Día 8 (Venres): Arca – Santiago (20 Km). Noite en Santiago. 
    Dende Arca ate Santiago quédannos só 20 Km (12 millas) a través de lugares cunha significación especial para os peregrinos, tales como Lavacolla ou o Monte del Gozo, dende onde intuímos a cidade. Seguimos o mesmo itinerario dos Peregrinos medievais que, pola Rúa de San Pedro, chegaban á Porta do Camiño e dalí, seguindo pola Praza de Cervantes, ate chegar á Catedral. 
    Despois de xantar e descansar, imos facer unha visita guiada pola zona histórica e cea despedida. 

    Día 9 (Sábado): Santiago. 
    Almorzo en Santiago, visita ás cubertas da Catedral e fin dos nosos servizos. 

    Condicións especiais

     - Existe un número de prazas limitadas para todas as saídas. 
    - As peticións de reserva deberanse remitir á organización por escrito (fax, mail) 
    - Unha vez confirmados os servizos por parte da organización, solicitarase un depósito do 40 % do importe total da reserva como garantía. 
    - A cantidade restante deberase abonar cun máximo de 30 días antes da saída. 

    Condicións cancelación

    Gastos da cancelación unha vez confirmada a reserva: 
    - Sen gastos de cancelación, con máis de 2 meses de antelación á saída. 
    - 40 % de gastos de cancelación, no caso de que se cancele entre os 60 e 30 días antes da saída. 
    - 100 % gastos se a cancelación se produce dentro dos 30 días antes da saída. 
    Recomendamos a contratación de un seguro que cubra os gastos de cancelación. 

    Organiza

    Compostur 

os datos que aquí figuran foron facilitados polo propio aloxamento – proveedor do servizo. Turismo de Santiago non se fai responsable dos mesmos