Esta ruta marítimo-fluvial pola Ría de Arousa e o río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do Apóstolo Santiago á terra da súa propia peregrinación evanxélica. Segundo a tradición, a barca entrou pola ría e remontou o río Ulla, arribando á cidade romana de Iria Flavia (Padrón), como lembre hoxe unha procesión marítimo-fluvial que chega a Pontecesures e Padrón.
Sanxenxo - O Grove – Cambados – Vilanova e Vilagarcía de Arousa – Catoira - Pontecesures – Padrón – Santiago; ou entrando por Ribeira - A Pobra – Boiro – Rianxo – Pontecesures.
[enlaces Cómo entrar pola Ruta Xacobea a Santiago (entrando por Sanxenxo)
Cómo entrar pola Ruta Xacobea a Santiago (entrando por Ribeira)]