Dende fai uns anos as oficinas de turismo estanse prantexando transformar os servizos de información, adaptándoos aos novos tempos. En Turismo de Santiago temos recibido un montón de solicitudes e visitas comerciais de empresas TIC que ofrecen aplicacións informáticas ou de telefonía móbil ou ambas, nas que ofrecen rutas, xeolocalización e visitas guiadas con descargas de vídeos, audios, imaxes, para que o visitante navegue e interactúe segunde se vai movendo polo lugar que visita.
As axudas recibidas do Plan Avanza fai uns poucos anos e a participación nalgúns programas como destino piloto experimental déronnos certa experiencia no tema. A cruda realidade é que nestes anos vimos como se empregaban recursos públicos en iniciativas de destinos turísticos que querían ser pioneiros introducindo novas aplicacións que ao final non foron utilizadas nin demandadas polo gran público.
As razóns do fracaso de moitas destas iniciativas son variadas e multidisciplinares. Por exemplo, as descargas en móbiles ata fai uns anos non estaban na folla de ruta comercial das operadoras de telefonía móbil, co que unha descarga dun vídeo ou dun audio tiñan un custo moi elevado. Sumemos a isto que non sabíamos que era unha tarifa plana de internet no móbil e que os dispositivos telefónicos tiñan pouco de smartphones, con honrosas excepcións, e os que si o eran, eran accesibles a uns poucos.
Poderiamos decir tamén que temos estudos de mercado, da profundidade e o rigor que vostedes queiran, nos que se recoñece que o móbil ten dúas funcións de uso masivo: chamar e, para os máis ilustrados, mandar mensaxes sms. Estamos fartos incluso de facer preguntas caseiras entre compañeiros e familiares sobre que uso lle dan ao móbil, incluso entre os máis mozos, e a cruda realidade era que as nosas sospeitas eran máis que fundadas.
Con isto o único que queremos decir é que si ás novas tecnoloxías, e que hai que estar atentos, por suposto, pero sen confundirse nos obxetivos que se buscan, sen olvidarse que a tecnoloxía é un medio para alcanzar un fin, pero non un fin en si mesmo. Adelantarse aos tempos sen ter en conta os hábitos, a evolución comercial e tecnolóxica do mercado, leva a confundir ser modernos con querer introducir o que o mercado nin te pide nin precisa.
Unha das mellores decisións que tomamos en Turismo de Santiago, e na que no seu momento fumos pioneiros, foi na creación das Audioguías. Foi unha boa decisión porque hoxe en día é unha fórmula de éxito, demandada por máis de 5.000 persoas ao ano, que as alugan para percorrer a cidade. Incluso intermediarios turísticos de cortes moi diferentes como EL CORTE INGLES, TRAVELPLAN ou TRANSHOTEL están empezando a incluir este produto como oferta complementaria de destino nas súas operativas. Foi un produto ao que lle custou arrancar, pero a versatilidade, a variedade de idiomas e a súa sinxela comprensión para todos os públicos, fixo que o marketing viral fixera o resto. Quen o diría…
En Turismo de Santiago transformamos a idea da audioguía clásica dun museo ou espazo pechado visitable, na idea dun destino no seu conxunto, con diferentes recursos e lugares que visitar. O equilibrio atopámolo en conxugar o papel coas locucións, cun MP3 que lle vai explicando ao usuario os puntos de interese, movéndose pola cidade cun mapa impreso e algunha que outra foto. Sinxelo, rápido, directo e para todos os públicos.
Un mapiña dobrado no pantalón, con algún folletiño adicional e unha boa sinalización seguen sendo ouro para moitos usuarios. Ser tecnolóxico non te exime de facer as cousas básicas ben. Sabemos que a tendencia natural é que cada vez máis as aplicaciones vaian gañándolle terreo aos folletos ou aos mapas impresos porque os hábitos cambian e a cultura tecnolóxica avanza segundo pasa o tempo, por iso o quiz da cuestión radica en saber cando a "demanda tecnolóxica" é real. O equilibrio entre ambos conceptos (papel-tecnoloxía), a súa complementariedade adaptándose aos hábitos de cada momento, axudarannos a saber optimizar mellor os nosos recursos.
Seguro que nun breve prazo de tempo en Turismo de Santiago seremos capaces de profundizar nunha oferta de MP3 máis potente, máis versátil e de maior calado na nosa cidade, conxugándoa co lanzamento dunha nova aplicación informática para cubrir todos os abanos do mercado que no 2011 si cremos que pode ser demandada. E no futuro nas nosas oficinas seguirá habendo papel, folletos e mapas, o que non sabemos é si en maior o menor cantidade. Alí estaremos e o tempo dará ou quitará razóns.