estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 15ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

2011. Prudencia. Confianza.

Publicado el 04/01/2011 13:26

2011. Prudencia. Confianza.

Chega un novo ano. Chega un ano con dúbidas e incertidumes económicas. Chega un ano complexo para a cidade e o seu sector turístico, especialmente despois de que no 2010 se vivise un Ano Santo con grandes resultados, que nalgúns ámbitos superaron todas as previsións, como as 270.000 Compostela entregadas.

O 2010 será difícil, pero a cidade vivirá tres feitos que hai que saber aproveitar para continuar posicionando a cidade como destino turístico de calidade de referencia internacional: a celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral, a inauguración dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura, e a inauguración da nova terminal do aeroporto de Lavacolla. Son tres feitos que combinados amosan o carácter de Santiago como cidade na que se une o futuro coa tradición.

O próximo 21 de abril a Catedral cumpre oito séculos de vida, e durante este ano o edificio vivirá unha profunda rehabilitación. A Catedral é a esencia de Santiago. É a forza que ven do pasado. E que se manterá no futuro. Porque as persoas van e veñen. Pero a pedra continúa. Algo que se porá de manifesto cunha ampla axenda de actividades.

Pero antes do cumpreanos da Catedral, nacerá oficialmente un novo sinal de identidade compostelá e galega. En apenas uns días, o 11 de xaneiro, inaugúranse os dous primeiros edificios da Cidade da Cultura, unha obra que será unha referencia da arquitectura contemporánea mundial, e que está chamada nas próximas décadas a dotar de maior forza e maior atrativo a Santiago. É un reto colectivo conseguir que esta chamada se convirta en realidade.

Dous edificios de tempos distintos representando á mesma cidade, que abrirase aínda máis internacionalmente coa nova terminal de Lavacolla, que se inaugurará previsiblemente en abril ou maio, pero que xa foi empregada polo Papa Benedicto XVI na súa visita a Santiago o pasado seis de novembro. A nova terminal consolidará ao aeroporto como o mellor dotado técnicamente de Galicia, dando un paso de xigante para poder competir co aeroporto de Porto, abrindo posibilidades de conexións internacionais que habería que saber aproveitar ao máximo.

Fóisenos o Ano Santo 2010, un bo ano para o sector turístico de Santiago pese á crise económica. Chega un 2011 difícil, pero hai elemento para, dende a prudencia, miralo con confianza.

Canto che gustou esta entrada?
  • 1,33333333333
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.