estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 15ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Blog Profesional

Publicado el 12/08/2011 08:11

O Camiño é marca estrela para todos os turoperadores (El Correo)

Hostelería insta a convertir a Ruta en “buque insignia” (El Correo)

As aeroliñas apostan por centralizar os voós na terminal de Lavacolla (El Correo)

Piden que outra empresa asuma o servicio de carga en Lavacolla (El Correo)

"Na Ruta vin pouco respeto pola natureza" (El Correo)

Preto de 500 peregrinos ao día selan as súas credencias en O Pino (El Correo)

O BNG esixe que a terminal de carga de Lavacolla reabra inmediatamente (El Correo)

O alcalde de Lloret declara a guerra ao turismo de borracheira (El País)

A ocupación hoteleira en xullo acadou o 76%, o que supón un aumento de tres puntos respecto ao ano pasado (Nexotur)

Taxas aéreas: unha dor de cabeza máis para as aeroliñas (Hosteltur)

Catro millóns de viaxeiros pasarán polos aeroportos españois esta ponte de agosto (Hosteltur)

Lloret de Mar anuncia un "punto de inflexión" na súa política turística (Hosteltur)

As redes sociais, protagonistas na World Travel Market (Hosteltur)

Unha nova terminal de pasaxeiros sí... ¿e a carga? (Aeronoticiario SCQ)

O plan especial de inspección turística para o verán leva realizadas xa 1.193 visitas cun resultado de 87 actas de infracción, 846 de constancia e 270 informes (Xunta)

Hoteleiros advirten de"miles" de aloxamentos ilegais, pero na Xunta só constan dúas denuncias (Faro de Vigo)

Carmen Pardo: "É momento do mercado internacional" (Faro de Vigo)

Os turistas quédanse en Galicia só 2,2 días e o seu gasto medio ascende a 168 euros (La Opinión)

O novo mapa de Santiago incorpora a Cidade da Cultura e a maioría de establecimentos hostaleiros (Europa Press)

 

Publicado el 03/08/2011 10:17

1.“La RFET lo hará hoy oficial: Santiago acogerá la semifinal de la Copa Davis”

http://www.elcorreogallego.es/deportes/tenis/ecg/rfet-hara-hoy-oficial-santiago-acogera-semifinal-copa-davis/idEdicion-2011-08-03/idNoticia-690958/

 

2. Conexión 'full time' de autobuses al Gaiás y enlace con la autopista

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/conexion-full-time-autobuses-gaias-enlace-autopista/idEdicion-2011-08-03/idNoticia-691018/

 

3. Ruta de senderismo hasta la cima del monte Gaiás

 http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/ruta-senderismo-cima-monte-gaias/idEdicion-2011-08-03/idNoticia-691028/

4. Los turistas huyen de la costa y abarrotan la Catedral y el casco viejo

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/turistas-huyen-costa-abarrotan-catedral-casco-viejo/idEdicion-2011-08-03/idNoticia-691023/

5. Lista ya la terminal nueva de Santiago

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/lista-terminal-nueva-santiago/idEdicion-2011-08-03/idNoticia-690914/

6. «Seremos prudentes»

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/08/03/0003_201108S3C5996.htm

7. Un ejemplar para conmemorar los 800 años de la Catedral

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/08/03/0003_201108A3C8991.htm

8. Un nuevo trayecto con cinco líneas de autobús conectará Santiago y el Gaiás

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/08/02/galicia/1312290061.html

9. Santiago espera una confirmación "inminente" para celebrar la semifinal

http://www.europapress.es/deportes/tenis-00166/

10. La semifinal España-Francia conocerá el miércoles su sede

http://www.rtve.es/deportes/20110802/semifinal-espana-francia-conocera-miercoles-su-sede/451817.shtml

 

Publicado el 07/07/2011 12:27

O sector turístico é o principal motor na lenta creación de emprego en España nos últimos meses, como reflicten os datos publicados recentemente. Sen embargo, o sector turístico segue mantendo unha "mentalidade moi conservadora", segundo os autores do informe "Innovación turística en España", que se presentou onte, e que sitúa a España por detrás de países como EEUU, Alemaña, Francia, China ou Xapón en investimento en innovación.

Segundo este estudo, entre as razóns polas que en España non se levou a cabo un maior investimento no sector turístico, destacan, ademais das poucas axudas públicas e as barreiras burocráticas, a pouca investigación tecnolóxica en ciencias humanas y sociais. Ademais, a falta de esquemas de financiamento, de capital risco e de capital inicial, e a escasa adicación á formación dos traballadores, influen na decisión dos empresarios de non levar a cabo un maior investimento en innovación.

Neste sentido, o profesor Josep Francesc Valls, autor do estudo, conclue que nestes momentos de crise económica “é máis importante que nunca apostar pola innovación e vela como a mellor oportunidade para impulsar a competitividade do sector. Un sector que é e vai a seguir sendo un dos puntais deste país para salir da crise”.

Neste enlace do ESADE pode verse información máis detallada do estudo.

Etiquetas: Competitividade
Publicado el 07/06/2011 14:12

Xornalistas (é)taperos

Este ano, por primeira vez, convidamos a dous xornalistas de fóra de Galicia a que coñecesen Santiago(é)tapas de primeira man. Foron un xornalista portugués, do Jornal de Noticias, que é o medio máis importante do norte de Portugal; e Marta Fernández Guadaño, autora de "Gastroeconomía", un dos blogs gastronómicos máis influintes de España, que se pode ler na web de Expansión.

O xornalista portugués estivo con nós a primeira fin de semana do concurso. Entre a noite do venres e o sábado percorrimos uns vinte establecementos dos participantes. Foi unha especia de loucura ir de sitio en sitio, sen moito tempo para probar as cousas con calma, pero queríamos amosarlle algo que era certo, pero que non acababa de crer: todas as tapas tiñan o mesmo prezo, dous euros. Podía contrastalo no Tapasporte, na páxina web, mesmo nas bases do concurso e no dossier de prensa que lle entregamos, pero aínda así parecíalle incrible por exemplo que as tapas de A Tafona ou do Acio ou da Tapería Castelao ou do Curro da Parra custasen apenas dous euros.

O sábado pola noite, cando xa era a nosa terceira saída de tapas en menos de vintecatro horas, xa nos dixo, un pouco saturado de comida: está ben, é certo, todas as tapas están a dous euros; agora podemos ir máis a modiño. E fumos máis a modiño e falamos da situación en Portugal, das peaxes das autovías portuguesas, do moito que lle gustaba Santiago, de que el pasara aquí unha semana xa hai bastantes anos coma corresponsal nas últimas eleccións que gañara Fraga a presidencia da Xunta, e que dende entón Santiago non paraba de evolucionar, da Cidade da Cultura, do Forum Gastronómico, no que estivo no 2010, do tremendo salto adiante que estaba dando Santiago en Gastronomía nos últimos anos, e seguimos falando e falamos durante horas nunha conversa fluida, como a que teñen dous amigos que levan anos sen verse e teñen tantas cousas que decirse que van saltando de tema en tema, resolvendo o mundo diante dunha tapa e un vaso de viño.

Marta estivo con nós xa nos últimos días do concurso. Ela é madrileña pero ten vínculos familiares con Galicia e é unha apaixoada da nosa terra e da nosa cidade. En realidade, a ela apenas houbo que explicarlle case nada sobre Santiago porque coñece a cidade e a nosa gastronomía moi ben. Por exemplo, ela é unha das "madriñas" do Abastos 2.0, establecemento que lle encanta e que cita a miudo no seu blog.

Con ela fumos aos sitios máis despaciño, parándonos nalgúns que quería coñecer porque escoitara falar deles e aínda non tivera oportunidade de estar ou indo a outros que xa coñecía pero que quería ver como estaban evolucionando e como concebían a súa participación no concurso. Pasamos un rato agradable no Calderón, onde estivo moi interesada no concepto de unha mesa por cada sala do restaurante, adaptando tamaños a número de comensais. Tamén estivemos charlando noutros sitios do Ensanche, que nesta ocasión lle atraían máis porque a Cidade Histórica a tiña máis coñecida.

Pero o interesante con Marta foi a posibilidade que tivemos de convidala a ser membro do xurado e participar na súa deliberación final, probando as dez tapas finalistas. Foi un percorrido que lle permitiu ver en apenas tres horas as creacións que o xurado de selección consideraba as mellores das 109 presentadas ao concurso. Pero tamén foi unha oportunidade para compartir experiencias e un rato agradable cos outros membros do xurado, entre os que estaban representantes cualificados do sector, puidendo ver deste xeito as tripas do concurso.

É a primeira vez que convidamos a xornalistas de fóra a coñecer de primeira man Santiago(é)tapas. Por que agardamos á cuarta edición? Pois porque nos tres primeiros anos "probamos" o concurso, fixemos un exercicio de proba e erro, vendo que cousas funcionaban ben, que cousas podíamos mellorar, que cousas era mellor descartar. Tamén foron tres anos nos que os propios establecementos viron a súa rendabilidade non so para a cidade como ferramenta de promoción, senón para eles mesmos durante as semanas do concurso. Consideramos que na cuarta edición xa estabamos listos para dar un salto máis na promoción do evento, con garantías de que os xornalistas que viñeran, quedarían encantados da súa participación. Os resultados anímannos a ser máis ambiciosos nos anos vindeiros. 

Aquí pode verse o artigo publicado en Fugas, suplemento de Jornal de Noticias.

Aquí pode verse o artigo de Marta Fernández Guadaño.

Publicado el 14/02/2011 13:03

Folletos versus aplicacións?

Dende fai uns anos as oficinas de turismo estanse prantexando transformar os servizos de información, adaptándoos aos novos tempos. En Turismo de Santiago temos recibido un montón de solicitudes e visitas comerciais de empresas TIC que ofrecen aplicacións informáticas ou de telefonía móbil ou ambas, nas que ofrecen rutas, xeolocalización e visitas guiadas con descargas de vídeos, audios, imaxes, para que o visitante navegue e interactúe segunde se vai movendo polo lugar que visita.

As axudas recibidas do Plan Avanza fai uns poucos anos e a participación nalgúns programas como destino piloto experimental déronnos certa experiencia no tema. A cruda realidade é que nestes anos vimos como se empregaban recursos públicos en iniciativas de destinos turísticos que querían ser pioneiros introducindo novas aplicacións que ao final non foron utilizadas nin demandadas polo gran público.

As razóns do fracaso de moitas destas iniciativas son variadas e multidisciplinares. Por exemplo, as descargas en móbiles ata fai uns anos non estaban na folla de ruta comercial das operadoras de telefonía móbil, co que unha descarga dun vídeo ou dun audio tiñan un custo moi elevado. Sumemos a isto que non sabíamos que era unha tarifa plana de internet no móbil e que os dispositivos telefónicos tiñan pouco de smartphones, con honrosas excepcións, e os que si o eran, eran accesibles a uns poucos.

Poderiamos decir tamén que temos estudos de mercado, da profundidade e o rigor que vostedes queiran, nos que se recoñece que o móbil ten dúas funcións de uso masivo: chamar e, para os máis ilustrados, mandar mensaxes sms. Estamos fartos incluso de facer preguntas caseiras entre compañeiros e familiares sobre que uso lle dan ao móbil, incluso entre os máis mozos, e a cruda realidade era que as nosas sospeitas eran máis que fundadas.

Con isto o único que queremos decir é que si ás novas tecnoloxías, e que hai que estar atentos, por suposto, pero sen confundirse nos obxetivos que se buscan, sen olvidarse que a tecnoloxía é un medio para alcanzar un fin, pero non un fin en si mesmo. Adelantarse aos tempos sen ter en conta os hábitos, a evolución comercial e tecnolóxica do mercado, leva a confundir ser modernos con querer introducir o que o mercado nin te pide nin precisa.

Unha das mellores decisións que tomamos en Turismo de Santiago, e na que no seu momento fumos pioneiros, foi na creación das Audioguías. Foi unha boa decisión porque hoxe en día é unha fórmula de éxito, demandada por máis de 5.000 persoas ao ano, que as alugan para percorrer a cidade. Incluso intermediarios turísticos de cortes moi diferentes como EL CORTE INGLES, TRAVELPLAN ou TRANSHOTEL están empezando a incluir este produto como oferta complementaria de destino nas súas operativas. Foi un produto ao que lle custou arrancar, pero a versatilidade, a variedade de idiomas e a súa sinxela comprensión para todos os públicos, fixo que o marketing viral fixera o resto. Quen o diría…

En Turismo de Santiago transformamos a idea da audioguía clásica dun museo ou espazo pechado visitable, na idea dun destino no seu conxunto, con diferentes recursos e lugares que visitar. O equilibrio atopámolo en conxugar o papel coas locucións, cun MP3 que lle vai explicando ao usuario os puntos de interese, movéndose pola cidade cun mapa impreso e algunha que outra foto. Sinxelo, rápido, directo e para todos os públicos.

Un mapiña dobrado no pantalón, con algún folletiño adicional e unha boa sinalización seguen sendo ouro para moitos usuarios. Ser tecnolóxico non te exime de facer as cousas básicas ben. Sabemos que a tendencia natural é que cada vez máis as aplicaciones vaian gañándolle terreo aos folletos ou aos mapas impresos porque os hábitos cambian e a cultura tecnolóxica avanza segundo pasa o tempo, por iso o quiz da cuestión radica en saber cando a "demanda tecnolóxica" é real. O equilibrio entre ambos conceptos (papel-tecnoloxía), a súa complementariedade adaptándose aos hábitos de cada momento, axudarannos a saber optimizar mellor os nosos recursos.

Seguro que nun breve prazo de tempo en Turismo de Santiago seremos capaces de profundizar nunha oferta de MP3 máis potente, máis versátil e de maior calado na nosa cidade, conxugándoa co lanzamento dunha nova aplicación informática para cubrir todos os abanos do mercado que no 2011 si cremos que pode ser demandada. E no futuro nas nosas oficinas seguirá habendo papel, folletos e mapas, o que non sabemos é si en maior o menor cantidade. Alí estaremos e o tempo dará ou quitará razóns.

Etiquetas: Competitividade
Publicado el 04/01/2011 13:26

2011. Prudencia. Confianza.

Chega un novo ano. Chega un ano con dúbidas e incertidumes económicas. Chega un ano complexo para a cidade e o seu sector turístico, especialmente despois de que no 2010 se vivise un Ano Santo con grandes resultados, que nalgúns ámbitos superaron todas as previsións, como as 270.000 Compostela entregadas.

O 2010 será difícil, pero a cidade vivirá tres feitos que hai que saber aproveitar para continuar posicionando a cidade como destino turístico de calidade de referencia internacional: a celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral, a inauguración dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura, e a inauguración da nova terminal do aeroporto de Lavacolla. Son tres feitos que combinados amosan o carácter de Santiago como cidade na que se une o futuro coa tradición.

O próximo 21 de abril a Catedral cumpre oito séculos de vida, e durante este ano o edificio vivirá unha profunda rehabilitación. A Catedral é a esencia de Santiago. É a forza que ven do pasado. E que se manterá no futuro. Porque as persoas van e veñen. Pero a pedra continúa. Algo que se porá de manifesto cunha ampla axenda de actividades.

Pero antes do cumpreanos da Catedral, nacerá oficialmente un novo sinal de identidade compostelá e galega. En apenas uns días, o 11 de xaneiro, inaugúranse os dous primeiros edificios da Cidade da Cultura, unha obra que será unha referencia da arquitectura contemporánea mundial, e que está chamada nas próximas décadas a dotar de maior forza e maior atrativo a Santiago. É un reto colectivo conseguir que esta chamada se convirta en realidade.

Dous edificios de tempos distintos representando á mesma cidade, que abrirase aínda máis internacionalmente coa nova terminal de Lavacolla, que se inaugurará previsiblemente en abril ou maio, pero que xa foi empregada polo Papa Benedicto XVI na súa visita a Santiago o pasado seis de novembro. A nova terminal consolidará ao aeroporto como o mellor dotado técnicamente de Galicia, dando un paso de xigante para poder competir co aeroporto de Porto, abrindo posibilidades de conexións internacionais que habería que saber aproveitar ao máximo.

Fóisenos o Ano Santo 2010, un bo ano para o sector turístico de Santiago pese á crise económica. Chega un 2011 difícil, pero hai elemento para, dende a prudencia, miralo con confianza.

Publicado el 17/12/2010 10:27

Santiago encabeza a Reputación Online de Hoteis en Destinos Urbanos 2010

Neste Ano Santo, no que millóns de persoas viñeron á cidade, Santiago está cumplindo con nota unha das esixencias para calquera destino turístico que pretenda ser unha referencia internacional, a da calidade hoteleira. Así polo menos o demostra o Estudo de Reputación Online de Hoteis en Destinos Urbanos 2010, que sitúa á nosa cidade como a mellor valorada de España. No estudo, elaborado por Vivential Value, analízanse 52 cidades, máis de 1.900 hoteis e máis de 800.000 opinións de usuarios nunha decena de páxinas web de hostelería e turismo.

Santiago ocupa a primeira posición da lista empatada con Girona, cun Índice de Reputación Online Hoteleira de 8,09 sobre 10. É cando menos curioso que as dúas cidades que ocupan a primeira posición sexan as cidades que acollen o Fórum Gastronómico en anos alternos. Tras Santiago e Girona veñen Burgos, cun 8,03, Valencia, cun 8,01, e Segovia, tamén cun 8,01. A media do conxunto das cidades españolas é dun 7,89.

Este logro é resultado do traballo dos hoteleiros de Santiago, que esfórzanse cada día por dar aos seus clientes un servizo da máxima calidade. É unha boa nova para a cidade, posto que a excelencia no servizo é un elemento imprescindible para fidelizar ao cliente e para manter a Santiago como unha referencia turística no futuro.

Publicado el 09/12/2010 10:53

Como cambiou o conto

Cando no ano 2000 se creou a empresa municipal de turismo e parte da xestión da cidade europea da cultura recaeu en nós, presentábasenos un panorama no sector turístico, probablemente, dos máis interesantes dos últimos 50 anos. Unha revolución silenciosa, baseada nas tecnoloxías da información e a comunicación, que fixo que se modificaran os hábitos de consumo, as estratexias empresariais e que, sobor de todo, ofrécenos cambios constantes en intervalos de tempo cada vez máis curtos.

Aos pais que temos fillos pequenos, esta revolución lémbranos o tempo que adicamos en explicarlles aos nosos nenos que hai uns 15 anos apenas había ordenadores e non había teléfonos móbiles, pero existíamos igual. A súa cara de asombro cuando lle damos semellante nova, fainos conscientes, en certa medida, do moito que cambiamos.

No mundo do turismo, xa sexa da xestión do destino, o produto turístico, a comercialización ou os prezos, en cualquera das súas fases, presenciamos unha das maiores revolucións da historia do sector debido a unha nova canle: internet. Por incrible que pareza, en menos de 10 anos pasamos de aqueles ordenadores con sistema MSDOS ou aqueles routers RDSI (con aquel ruido fantástico, tipo fax), que navegaban como navegaban, aos ordenadores portátiles, os iphone, ipad, smartphone, e ás liñas ADSL, as redes wifi e incluso as redes sociais.

O caso é que todo o mundo sabe que no sector turístico tense producido unha revolución, pero non todo o mundo é consciente aínda hoxe da súa magnitud.

Recordamos que no ano 2000 aínda había persoas, con propiedades e en postos de responsabilidade no sector, que dubidaban de se ter unha conta de correo electrónico ou internet nos seus negocios. "Iso non funciona", dicían algúns. E aínda hoxe, moitos din o mesmo das redes sociais, outra revolución dentro da revolución: a revolución 2.0.

Hoxe, sen ningún xénero de dubidas, somos o sector empresarial e industrial no que internet e as novas tecnoloxías se implantaron con maior profundidade tanto nas estratexias empresariais como nos hábitos de consumo dos usuarios. Quen non merca hoxe en día un billete de avión on line, unha reserva de hotel ou unha entrada para un espectáculo?.

Pese a que xa é un tema manido e a conferencia de Javier González Soria, director de Google Travel España, é de fai un tiempo, recomendamos escoitar atentamente este video, xa que nos fala do comportamento de usuarios, de produtos turísticos que van formar parte do panorama turístico e as estratexias turísticas que marcarán tendencia segundo o buscador máis importante do mundo.

Etiquetas: Competitividade
Publicado el 30/11/2010 12:48

World Travel Market, un moderado optimismo británico

Como cada ano, Turismo de Santiago estivo presente na World Travel Market de Londres, que nesta edición celebrouse entre o oito e o once de novembro. Estivemos no stand de Turespaña, entre os mostradores do Consello Xacobeo e de Turgalicia, na que pensamos que era unha boa ubicación. Foron catro días de moito traballo. Catro días que, neste momento de crise económica, rematamos cunha valoración moderamente positiva, por dous motivos: comprobamos que continúa a crecer o interese pola nosa cidade e o Camiño de Santiago, e comprobamos tamén que parece haber unha certa tendencia á recuperación global da industria, despois dun par de anos de crise profunda.

Podemos destacar algunhas reunións con axencias de viaxes e touroperadores que organizan circuitos turísticos que inclúen a nosa cidade, algúns deles por primeira vez: Follow the Camino, unha axencia especializada unicamente en comercializar o Camiño de Santiago a irlandeses e británicos; Select Poland, unha axencia polaca que está preparando un circuito polo Camiño de Santiago (cabe destacar o interese crecente que os polacos están amosando por Santiago; por exemplo, no ano 2008 houbo 1.102 peregrinos polacos e neste 2010, ata o 15 de outubro, houbo 2005); Bus Tourist, unha axencia checa que nos inclúe no novo catálogo dos seus circuitos; ou a compañía inglesa European Heritage Tours, que nos inclúe por primeira vez nos seus circuitos, especializados nos destinos declarados Patrimonio da Humanidade.

Tamén tivemos reunións interesantes con Periplos Travel, unha axencia de viaxes venezolana moi interesada no Camiño de Santiago; cun representante de Rough Guides, unha editorial de libros de viaxes moi importante no mercado británico, que ten pensado vir a Santiago no 2011 para elaborar unha guía sobre a nosa cidade e o Camiño; tamén tivemos unha xuntanza cos membros do Saint Patrick Centre, un espazo adicado a interpretación da figura do patrón de Irlanda, St Patrick, que están moi interesados en desenvolver accións de promoción conxunta.

Ademais tivemos unha xuntanza moi satisfactoria cun representante de Aer Lingus, que confirmou a súa intención de repetir a conexión entre Santiago e Dublín no verán do 2011, xa que están moi contentos cos datos que están obtendo (porque o certo é que Irlanda é un dos países onde máis está crecendo o interese pola nosa cidade e o Camiño de Santiago). Neste ano 2010, a compañía irlandesa moveu 17.417 pasaxeiros no aerporto de Lavacolla nos cinco meses nos que habitualmente ten a conexión entre Santiago e Dublín, de maio a setembro.

Nos catro días tivemos tempo de manter outras reunións, asistir aos seminarios da Asociación Europea de Touroperadores e da European City Marketing e manter múltiples conversas informais sobre a situación do turismo con profesionais dos diferentes ámbitos da industria turística, tanto españois, coma internacionais. E a sensación que traemos permítenos mirar o futuro cun moderado optimismo, en claro contraste coas sensacións dos anos 2008 e 2009, cando as cifras de turismo internacional sufriron un impacto moi forte pola crise internacional.

Esta sensación de moderado optimismo foi tamén contrastada polos datos prsentados no evento pola World Travel & Tourism Council (WTTC), un foro composto polos líderes mundiais na industria, e que prevén que neste 2010 a recuperación do turísmo a nivel global será maior ao esperado. En concreto, confían que aumente un 2% no conxunto do 2010, fronte a primeira previsión feita a comezos do ano dun 0,5%.

A World Travel Market conta coa participación de máis de 80.000 profesionais que cubren o abano de subsectores da industria turística, procedentes de todo o mundo, pero especialmente do mercado británico e dos mercados anglosaxóns. Trátase polo tanto dun escenario perfecto tanto para a promoción da nosa cidade entablando contactos con multitude de actores, como para tantear o ambiente, o grao de confianza que pode haber respecto á situación global da industria. Neste vídeo de Hosteltur pode verse a importancia que diferentes destinos españois tamén lle dan a esta feira.

Etiquetas: Competitividade