estado do tempo
Today is monday 29 december, it is 10ºC and slightly cloudy in Santiago

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

XXXVI Carrera Pedestre Popular de Santiago

27/10/2013
[Sport]

O 27 de outubro as rúas compostelás volverán converterse nunha festa do atletismo popular, con motivo da celebración da XXXVI Carreira Pedestre Popular de Santiago, organizada polo Grupo Correo Galego, que sairá de Xoán XXIII ás dez da mañá para os adultos e ás 11.30 horas para os escolares.

O percorrido será o mesmo que en anos anteriores, salvo que debido ás obras da Rúa de San Pedro, sofre unha pequena modificación. Así os deportistas unha vez que percorran a rúa dos Concheiros, terán que desviarse á dereita pola Angustia, para continuar á esquerda pola rúa do Rosario e Bonaval enlazando co percorrido habitual en Porta do Camiño.

O prazo de inscricións está aberto dende o pasado sábado, 5 de outubro para todos os corredores escolares e maiores de 16 anos. Poderanse formalizar online ou de forma presencial no Corte Inglés de Santiago, ata o sábado día 19, aínda que se ampliará ata o día 22 cun custo adicional.

O custo de inscrición para os maiores de 16 anos é de 5 euros, agás os que teñan chip de Championchip en propiedade, que só aboarán 3 euros. O importe farase efectivo no momento de inscribirse.

Nas últimas edicións a inscrición dos participantes máis novos non se correspondía coa participación real, inscribíanse preto de 1.000 escolares que non chegaban a iniciar a carreira. Por este motivo, este ano a súa inscrición terá un custo de 3 euros cada un.

Todos os corredores recibirán ademais do número e o chip desbotable, unha camiseta técnica que se recomenda leven posta, para dar unha maior vistosidade ao evento. Todos os participantes terán seguro de accidentes. Os escolares que entren en meta co control aberto recibirán unha medalla.

O éxito do ano pasado á hora de situar na saída os corredores segundo a súa marca persoal fai que a organización repita de novo este sistema, polo que os atletas deben marcar o tempo estimado en finalizar a carreira para colocarse na avenida de Xoán XXIII nos espazos que se correspondan coa cor que se lles asigne. Os escolares tamén se situarán na saída de acordo coas idades. Os maiores estarán diante e os máis pequenos detrás.

En canto aos premios, tanto homes coma mulleres recibirán a mesma contía económica. Os tres primeiros en categoría masculina e feminina levarán trofeo de prata e 1.000, 800 e 600 euros, respectivamente. Entre o cuarto/a e sétimo/a 250 euros. A categoría masculina recibirán premio en metálico de 200 € cada un ata o clasificado no 15ª lugar. Ademais o primeiro galego/a en cruzar a meta da Praza do Obradoiro recibirá 400 euros e trofeo.

More information

Venue
Xoán XXIII
Location
Avenida de Xoán XXIII, Santiago de Compostela
Start time
10:00:00
Start date
27/10/2013
If you detect any errors in this web, please notify ot@santiagoturismo.com
Google Street View is an automatic service by Google that obtains street images based on geographic location. Turismo de Santiago is not responsible for its content, composition or perspective. This resource is only included as a guideline
How much did you like this entry?
Share it on: