estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 15ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Visita guiada ao subsolo da Catedral

Imaxe: Visita guiada ao subsolo da Catedral
01/04/2011 - 31/07/2011

Dentro do programa de actividades da celebración do 800 aniversario da consagración da catedral, inclúese a visita guiada ao subsolo da basílica, cun percorrido polos depósitos arqueolóxicos escavados por Antonio López Ferreiro e Chamoso Lamas, e que inclúen unha necrópole de época romana.

Cincuenta anos despois das excavacións arqueolóxicas da Catedral, o Cabido catedralicio ofrece ao público a posibilidade única de baixar ao subsolo do templo e contemplar a historia antiga de Santiago de Compostela feita pedra.
Este descenso ás entrañas da Catedral é en realidade un descenso á historia do monte sagrado en que o bispo Teodomiro recoñeceu a tumba do apóstolo Santiago no ano 813. Nos estreitos espazos, ata agora só accesibles a investigadores, o visitante encontrará o cemiterio romano e a necrópolis sueva con ducias de tumbas e lápidas de entre 12 e 19 séculos de antigüidade. Tamén se topará con parte da primeira muralla e as defensas do núcleo urbano crecido arredor da basílica prerrománica do século IX.
Unha viaxe imprescindible para coñecer os fundamentos históricos da cidade e do seu templo.

Trátase de visitas reducidas, dado a dificultade do acceso e a estreiteza do lugar, de forma que para poder participar nelas é preciso inscribirse previamente no Pazo de Xelmírez. As persoas interesadas en participar nas visitas guiadas que se realizan á cripta poden reservar praza chamando ao número de teléfono 981552985, ou a través do correo electrónico excavaciones@catedraldesantiago.es.

As visitas teñen unha duración aproximada de 45 minutos, e o prezo da entrada para asistir a estas é de 10 € por persoa.

Mais información

Lugar
Catedral
Localización
Praza do Obradoiro
Data de inicio
01/04/2011
Data de fin
31/07/2011
Prezo en Taquilla

10 €



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Categorías: Visitas guiadas Etiquetas: Destacado Xacobeo Catedral de Santiago Arte sacro Recomendado! Apóstolo Visitantes Comentarios: 1 Valoracións: 2
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.
1.
Imaxe: sonodemo
Fixemos hoxe a visita guiada e a verdade e que e bastante pouca cousa que ver para o prezo que ten. Esta bastante descoidado e parece un baixo dunha obra en vez do que en realidade por prestixio mereceria.