estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 15ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Visita a Santiago do boneco viaxeiro Stabri

Imaxe: Visita a Santiago do boneco viaxeiro Stabri
10/02/2012

O boneco Stabri comparte estes días vivencias e un paseo pola historia da Universidade de Santiago de Compostela, da man de Visitas Guiadas USC e a súa nova portadora, a guía Rosi Maxi. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é a primeira institución universitaria que actúa como portadora do boneco viaxeiro Stabri, recén chegado de Oviedo, e tras percorrer máis de 123 cidades de 21 países como China, Xordania, Gran Bretaña, EUA, Exipto ou Italia.

Acompáñao a súa inseparable mochila negra onde cada un@ d@s portador@s comparte o seu momento, convertendo deste modo ao boneco nun BAÚL DE HISTORIAS interminable... onde cada recordo deixado alí, representa un escenario de soños para o seu portador.

Xa coñeceu o Pazo de Fonseca, o Reitorado, a Facultade de Historia e Xeografia... e todavía fáltalle moito máis... como o campus de Excelencia Internacional (Campus Vida), o Reitor e Vicereitores.

A súa despedida está prevista para esta tarde, cunha multitudinaria quedada twittera" nos xardíns do Claustro Fonseca. Encontro gratuíto para todos os públicos e todos os curiosos que se queiran facer a foto co boneco 2.0 que está a revolucionar o mundo.

 

Máis info sobre Stabri: www.stabri.com

ESPERAMOSVOS O VENRES ÁS 20 HS EN FONSECA...NON FALTEDES!!

Visitas Guiadas Patrimonio USC
twitter: @visitasUSC
Colexio de Fonseca s/n 15782
Santiago de Compostela
Tlf.981563100 / 647344128

Mais información

Lugar
Colexio de Fonseca
Localización
Praza de Fonseca, Santiago de Compostela, 15782
Hora de inicio
20:00:00
Data de inicio
10/02/2012
Data de fin
10/02/2012


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.