estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 15ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

V ciclo de Jazz '1906': Víctor Prieto Trío

Imaxe: V ciclo de Jazz '1906': Víctor Prieto Trío
23/02/2012

 

Víctor Prieto está a revolucionar o xeito en que o acordeón se toca, creando novos sons e técnicas para este instrumento. A súa música abrangue diferentes tendencias, que veñen do jazz, tango, música clásica e raíces celtas enriquecidos con novos ritmos e cores. El é o creador dunha nova técnica para o acordeón chamada "aproximación de acorde en ambas mans", a cal crea harmonías non interpretadas anteriormente.

Eric Doob - Batería
Edward Perez - Contrabaixo
Víctor Prieto - Acordeón

Víctor Prieto actuou en prestixiosos Clubs, Festivais e Teatros tales como: Blue Note (New York), Berklee Perfromance Arts Center (Boston), Jazz at Lincoln Center (NY), New Jersey Performing Arts Cente (NJ), Three Rivers Musical Festival (Columbia), Williamsburg Jazz Festival (NY), Mary D'Angelo Performing Arts Center (Erie, PA) e no Festival Internacional de Jazz IMAXINASONS cidade de Vigo, entre outros.
Actualmente, Víctor Prieto acaba de gravar o seu terceiro traballo discografico (CD) "Chris Cheek and V. Prieto. Rollo-Coaster" Cheekus Music. e vive en New York liderando o seu trío entre outras formacións.

Mais información

Lugar
Jazz Club Dadó-Dadá
Localización
Rúa de Alfredo Brañas, 19, Santiago de Compostela, 15701
Hora de inicio
22:30:00
Data de inicio
23/02/2012
Data de fin
23/02/2012


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.