estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 15ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Ultranoite 'Retrofuturista'

Imaxe: Ultranoite 'Retrofuturista'
07/05/2011

Coincidindo coa celebración en Compostela de 'L'Extraordinaire Uchronie', un evento cidadán steampunk e retrofuturista que terá lugar ao longo de todo o día 7 de maio, a Nasa propón á tripulación unha ultranoite para imaxinar como imaxinariamos o futuro de ter podido facer un cabaré en Compostela a finais do século XIX. Ou como imaxinamos que sería o presente se o vestimos coas roupas do pasado.

Músicas de hoxe con sonoridades decimonónicas. A actualidade informativa do Breaking News From Galicia coas maneiras do cine mudo dos primeiros anos. Un axente literario de hoxe en día aconsellando a Rosalía, a Xulio Verne ou a Conan Doyle. Un teatro de títeres de cachiporra facendo un Ubú Roa. E a reivindicación do xenio incomprendido de Nikola Tesla. Todo isto e algo máis nunha Ultranoite de peto.

Mais información

Lugar
Sala Nasa
Localización
Rúa de San Lourenzo, 25-71, Santiago de Compostela, 15705
Hora de inicio
23:00:00
Data de inicio
07/05/2011
Data de fin
07/05/2011
Prezo en Taquilla

12 €

Prezo Observacións

Estudantes, parados, xubilados, discapacitados e compra por internet: 10 €



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Categorías: Espectáculos Etiquetas: Destacado Portada Alternativos Noite Valoracións: 1
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.