estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 15ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

The Exploding Boys: The Cure Tribute Live Show

Imaxe: The Exploding Boys: The Cure Tribute Live Show
25/05/2011

Logo de varios cambios na súa formación orixinal (cuxa última incorporación foi o teclista Berthold Allgeier), os madrileños The Exploding Boys volven á estrada para embarcarse nunha nova xira aínda máis extensa e intensa neste ano 2011.

Acumulando kilómetros de estrada, experiencias vitais e musicais de alta intensidade mesturadas con densas atmosferas xa case extintas dende os anos oitenta e retroalimentándose coa paixón que desprenden e transmiten os seus multitudinarios seguidores, o exponencial ascenso na escena musical deste recoñecido tributo á banda de Robert Smith espertou aínda máis interese nun público desexoso de espectáculos coa intensidade propia de outras épocas.

A madurez que adquiriu o proxecto “The Exploding Boys – The Cure Tribute Live Show”, que a finais de 2011 cumplirá o seu primeiro lustro de vida, é certamente notable. Parece que 2011 trae para os fans da banda de Robert Smith un amplo rosario de concertos en directo, horas de intensas emocións e a posibilidade real de volverse ilusionar con este atractivo proxecto.

Mais información

Lugar
Sala Nasa
Localización
Rúa de San Lourenzo, 25-71, Santiago de Compostela, 15705
Hora de inicio
21:30:00
Data de inicio
25/05/2011
Data de fin
25/05/2011
Prezo en Taquilla

15 €

Prezo Observacións

Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv): 12 €



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Categorías: Música Etiquetas: Portada Para marchosos Concertos Noite Valoracións: 2
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.