A Sede da Fundación Novacaixagalicia en Santiago acolle ata finais de febreiro de 2012 unha exposición, que ocupará as plantas principais do edificio, organizada polo Museo Nacional del Prado en colaboración con Fundación Novacaixagalicia e o Consorcio de Santiago. A mostra reúne máis de 50 óleos realizados por artistas do renome de Pedro Pablo Rubens, Jan Brueghel O Vello, Jan Brueguel O Novo ou Denis van Alsloot, entre outros.
O Museo Nacional del Prado e a Fundación Novacaixagalicia organizan a presente exposición para describir a evolución da pintura de paisaxe ao longo do século XVII no seu foco principal de produción, Flandes e Holanda. Entón a paisaxe deixou de ser paulatinamente o fondo das escenas para converterse nun xénero pictórico independente e con valor en si mesmo, no que as escenas eran o pretexto para o desenvolvemento de grandes vistas panorámicas. Trátase da primeira exposición dedicada a este tema que se organiza no noso país.
A exposición describe non só o desenvolvemento estilístico deste xénero, senón tamén as súas diferentes tipoloxías. Están representados os pintores máis importante, desde Jan Brueghel, o Vello, até Jan Both, un dos máis destacados representantes do chamado “paisaxe italianizante", pasando por Pedro Pablo Rubens, David Teniers, Cornelius Poelenburch, Herman van Swanevelt, Peter Snayers ou Philips Wouwermann, todos eles con obras de moi elevada calidade. Esta mostra forma parte do programa de exposicións El Prado Itinerante e da programación cultural da Obra Social Novacaixagalicia.
Lu-Do: 12.00-14.00 h, 16.00-21.00 h.
Visitas guiadas, mércores e sábados ás 19.30 h.
Visitas para grupos, previa reserva no 981552577