A cantante cubana Jamila Purofilin estrea boleros e sonoridades no Dado Dadá. Purofilin en formato quartet: voz solista, piano, contrabaixo e percusión cubana; estreará dentro do seu repertorio cancións de clásicos do filin, así como novas composicións de Jamila como novel autora. Jamila Purofilin farase acompañar por nomes do worldjazz asentados en Galicia. Serginho Sales, ao piano; Pablo Vidal Mendoza no contrabaixo, máis o percusionista Léster Rodríguez.
Serginho Sales (piano)
Pablo Vidal Mendoza (contrabaixo)
Lester Rodríguez (percusión cubana)
Sandi Pedroza (bateria)
Jamila Castillo (voz)
Convidado: Paulo Silva (percusión brasileña)
Como é costume en Purofilin, o caudal harmónico e melódico da tradición cubana cribará doutras culturas, nesta ocasión corresponde a Brasil, (representado por Sales); quen fora membro da coñecida agrupación "So pra contrariar"; e leva anos integrado en proxectos brasilegos como os do actor Carlos Blanco, e o seu compatriota Sergio Tannus. Como convidado especial estará presente o percusionista de Salvador de Bahía, Paulo Silva. O único integrante nativo, Pablo Vidal; pode acreditar que o seu pai cantaba boleros e tocaba o requinto con grande acerto entre Bilbao e Vilagarcía de Arousa, ademais de pertencer a unha pléiade de músicos galegos, amantes e cultores dos ritmos latinos. Sen esquecer que o groso dos arranxos musicais de Purofilin continúan asinados polo distinguido guitarrista uruguaio Alejandro Luzardo, director musical da formación.
Jamila Purofilin renderá con temas como "Y deja”, “Sherezada Chachachá”, ou “Y sólo tú y yo"; homenaxe a Piloto e Vera, dous grandes autores do filin, así como os seus selectos intérpretes, entre os que figuran: Omara Portuondo, Elena Burke, Moraima Secada, Vicentico Valdés, e Frank Emilio Flynn. A cantante de Purofilin os versiona baixo o título xenérico "De Machin a la Nova Troba", espectáculo que estreou con acerto o verán pasado sobre escenarios galegos: "Para Vigo me voy", "Verano en Nigrán", ou "Gala final Revelando Voces" 2010, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Como singularidade para a ocasión, a cantante cubana estreará repertorio propio. Un dos temas titúlase "Bolero inexplicable", con arranxo do baixista e produtor cubano Iván Ruiz Machado, (músico invitado de Purofilin); e "Tributo a la Mil Diez", bolero-tango con arranxo do pianista e compositor arxentino Hernán Lugano, quen dende o seu estudo de La Patagonia, fragua os arranxos do primeiro traballo de Jamila como autora e intérprete: Tributo a la Mil Diez.