IX Campeonato de Baristas de Galicia
[Celebraciones]
IX Campeonato de Baristas de Galicia
19/06/2014
Google+ imprimir cuaderno de viaje

IX Campeonato de Baristas de Galicia

O escenario principal de Área Central acolle hoxe a novena edición do Campionato de Baristas de Galicia, un concurso organizado por Cafento do que sairá o nome do barista que representará a Galicia na competición nacional os próximos 20 e 21 de outubro en Barcelona.

A finalidade desta competición é a de promover, divulgar e fomentar o consumo do café de calidade e prestigiar a profesionalidade dos baristas.

O IX Campionato de Baristas de Galicia dará comezo ás 16.00 horas; pero xa pola mañá, a partir das 12:00 horas, o tricampión barista de Asturias e terceiro finalista do campionato nacional, Adrián Fernández, explicará varios aspectos sobre "A arte da infusión do café", facendo varias demostracións sobre como se ten que facer un bo café.

Tras a participación a partir das 16:00 horas dos oito aspirantes a mellor barista de Galicia, no transcurso da deliberación dos xuíces, ás 19:30 horas, haberá unha exhibición acrobática de coctelería a cargo de Carlos Abelleira, campión de Galicia 2014 de Flair Bartending. Ás 20:00 horas celebrarase a entrega de premios e dirase o nome do mellor barista de Galicia.

Galería de imágenes

IX Campeonato de Baristas de Galicia

Más información

Lugar
Centro Comercial Área Central
Localización
Plaza de Europa, Santiago de Compostela, 15707
Hora de inicio
12:00:00
Fecha de inicio
19/06/2014
Gratuito