estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

I Congreso Afro-Latino

Imaxe: I Congreso Afro-Latino
11/03/2011 - 13/03/2011

Santiago acolle durante tres xornadas o 1º Congreso Afro-Latino, un evento cuxo principal obxectivo é proporcionar aos bailarins tanto profesionais coma afeccionados, un coñecemento integral dos bailes Cubanos (Salsa, Son, Rumba, nas súas variantes, guaguancó, yambú e columbia, yoruba- orishas...), así como de bailes Africanos (Kizomba, semba kuduro, funana...) da man dos bailarins e profesores de maior recoñecemento mundial.

É un Congreso con gran transcendencia internacional, contando xa co titulo dun dos eventos máis grandes do mundo por algunhas páxinas web como é o caso de salsa power, tanto polo elenco de artistas coma pola situación do congreso e a repercusión que está a ter a nivel mundial.

O Congreso realizarase no Hotel Torres de Compostela, un hotel de 4 estrelas en Santiago de Compostela, onde realizaremos tanto as clases coma as festas, espectáculos e concertos.

O cartel de bailarins e profesores está formado por bailarins de gran prestixio internacional como é o caso de Jorge Camaguey, Albertico Calderón, Kasusa e integrantes do ballet internacional Kilandukilu (representante de Angola na expo de Shangai).

O programa contará con 3 días de moita festa, 3 salas, unha con clases orientadas especialmente para profesores e bailarins profesionais que queiran mellorar, 2 salas de baile, unha con salsa e música latina, e a outra con kizomba e outras músicas Africanas, 2 dj's, un cubano e o outro angolano, 2 orquestras, venezolana e cubana, e como non podería faltar un menú de comida cubana e festa de despedida o domingo.

Máis información: www.congresoafrolatino.com

Mais información

Lugar
Hotel Torres de Compostela Santiago
Localización
Restollal, 24. O Paxonal, 15078
Data de inicio
11/03/2011
Data de fin
13/03/2011


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Categorías: Congresos e encontros Etiquetas: Fin de semana Música latina Ritmos latinos Comentarios: 1 Valoracións: 1
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.
1.
Imaxe: congresoafrolatino
Tambien puede ir solo a las fiestas!!!! Mas información en www.congresoafrolatino.com ó llamando al 696.498.632